Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Bibiano Fernández Osorio-Tafall | |
---|---|
![]() nunha conferencia en 1935. | |
Nome completo | Bibiano Fernández Osorio-Tafall |
Nacemento | 3 de decembro de 1902 |
Salcedo | |
Falecemento | 13 de agosto de 1990 |
Cidade de México | |
Soterrado | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Nacionalidade | México e España |
Ocupación | Científico e político |
Cónxuxe | Josefina Arruti Viaño |
Fillos | José Ángel Fernández Arruti |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ata a guerra civil[editar | editar a fonte]
Foi doutor en Ciencias Naturais e secretario da Misión Biolóxica de Galicia con Cruz Gallástegui. Membro da ORGA, foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado nacional en dúas lexislaturas. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou en 1936, tras o seu paro durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía. En 1934 foi destituído da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra polo gobernador civil Diego Fernández Gómez no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934[1][2].
Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana, logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saída das eleccións municipais do 12 de abril de 1931 ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, pouco antes da guerra sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira a súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana.
En 1938, durante a guerra civil española, Osorio-Tafall foi nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española.
No exilio[editar | editar a fonte]
Coa derrota militar e política, Osorio-Tafall exíliase primeiro a Francia e logo a México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. No 1948 incorporouse á ONU; no 55, foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e en Exipto. No 64 estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, neste caso como representante especial plenipotenciario do secretario xeral da ONU. Xubílase como subsecretario xeral da ONU.
Durante a Transición española, o presidente do goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios.[3]
Predecesor: Manuel Casqueiro Paz |
![]() Alcalde de Pontevedra 1931 - 1934 |
Sucesor: Ramón Segura de la Garmilla . |
Predecesor: Tomás Abeigón Pazos |
![]() Alcalde de Pontevedra 1936 |
Sucesor: Manuel García Filgueira |
Predecesor: Amancio Caamaño Cimadevila |
![]() Presidente da Deputación de Pontevedra 1931 |
Sucesor: Amancio Caamaño Cimadevila |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pontevedra, outubro de 1934 (2)", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Os anos do medo, 13 de xullo de 2012.
- ↑ "Destitución de Tafall", artigo en Faro de Vigo, 15 de outubro de 2017 (en castelán).
- ↑ "O Tafall político, que chegou a alto cargo na ONU, escureceu o Tafall científico": Entrevista de Xan Carballa a Xosé Francisco Pardo, A Nosa Terra, 1/7/2010
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bibiano Fernández Osorio-Tafall ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pardo Teijeiro, Xosé Francisco (2010). Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-452-1.
- Baldomero Cores: (Librigal 1976)
- Santiago Álvarez: (1992 nº 89 da serie Documentos de Ediciós do Castro)
- Francisco Otero Guldrís (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Claridade Fundación Luís Tilve, setembro de 2007. Especial homenaxe.
- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 77.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Personalidades da bioloxía de Galicia
- Alcaldes de Pontevedra
- Alcaldes de Galicia durante a II República
- Alcaldes de Galicia da ORGA
- Presidentes da Deputación de Pontevedra
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Galegos de México
- Exilio galego
- Medallas Castelao
- Nados en Pontevedra
- Nados en 1902
- Finados en 1990
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Profesores de educación secundaria