Manuel Leiras Pulpeiro
Manuel Leiras Pulpeiro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de outubro de 1854 |
Mondoñedo | |
Falecemento | 9 de novembro de 1912 |
Soterrado | Mondoñedo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, médico e autor |
Xéneros | Poesía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid, licenciándose en 1877[1]. Exerceu a Medicina en Mondoñedo, cun gran recoñecemento popular. Participou como médico forense na resolución do crime de Santa Cruz (O Valadouro) onde foran asasinados o párroco e os seus criados.[2][3]
Foi republicano, e chegou a ser Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal. Anticlerical. O seu talante creoulle numerosas dificultades en Mondoñedo, sé bispal, conseguindo manter as súas conviccións con total firmeza.
Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo, pero doou a esta Institución importante material etnográfico e léxico (refráns, cantares, adiviñas etc.) por el recollido. Escribiu un só libro, Cantares gallegos (1911), con cantigas de tipo popular e de temática costumista, patriótica e sátira anticlerical, onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela.
Cantou a Mondoñedo e ás súas terras, a Galicia e ós seus problemas. Os seus restos recibiron sepultura no cemiterio civil de Mondoñedo.
Poucos anos despois da súa morte xuntáronse en Obras Completas (1930) as composicións que deixara inéditas, e en 1970 Xosé Luís Franco Grande publicou a Obra Completa de Leiras, recollendo outros inéditos.
Dedicóuselle en 1983 o Día das Letras Galegas. En 1998 publicouse Costumes antigos en Galiza, postos en limpo polo seu irmán Ramón Félix Leiras Pulpeiro na versión facsímile do manuscrito en castelán, versión ao galego de Ramón Reimunde.
O Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro recoñece o seu labor.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Estudo crítico de Xosé Luís Franco Grande en Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Galaxia, 1970, páxina 12
- ↑ "La matanza de Santa Cruz do Valadouro". Consultado o 20-10-2020.
- ↑ Vila Pernas, Miguel (2004). O CRIME DE SANTA CRUZ DO VALADOURO. Edificios Castro. ISBN 9788484851486.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Leiras Pulpeiro ![]() |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Manuel Leiras Pulpeiro |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Leiras Pulpeiro, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 222.
- "Leiras Pulpeiro, Manuel". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1209.
- "Leiras Pulpeiro, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alonso Montero, Xesús (1983). Manuel Leiras Pulpeiro, o cidadán e o poeta. Santiago de Compostela: Edicións Sálvora.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 435–436. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 2. Bibliófilos Gallegos. p. 276.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 225. ISBN 84-7492-465-0.
- Franco Grande, Xosé Luís (1970). "Estudo crítico. Lingua e poesía en Leiras". Leiras Pulpeiro, M.: Obra Completa. Galaxia.
- Gómez Sánchez, A.; Queixas Zas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 172–173. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 02/12/2018.
- Iglesia Alvariño, Aquilino (1964). A lengua dos poetas do norte de Lugo (PDF). Real Academia Galega. pp. 16–19.
- López Silva, Inmaculada. "Manuel Leiras Pulpeiro" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia (en castelán).
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-139-2.
- Reimunde Noreña, Ramón, ed. (1984). Manuel Leiras Pulpeiro. Poesía galega completa. Sotelo Blanco Edicións.
- Trapero Pardo, X. (1983). Manuel Leiras Pulpeiro. Vida e obra. Escolma de textos. Publicacións da Real Academia Galega.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Galaxia. pp. 322–324. ISBN 84-8288-019-5.