Rosa Aneiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosa Aneiros
Rosa Aneiros (AELG)-2.jpg
Datos persoais
Nacemento 1976
Lugar Meirás, Valdoviño, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Narrativa
Estudos Ciencias da Comunicación

Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática.

É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010[1]. Obtivo tamén o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.

Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Artigos xornalísticos[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O xardín da media lúa, 2004, Galaxia.
  • Os ourizos cachos e o gran río gris, 2008, Galaxia.
  • Ámote Leo A. Destino Xalundes, 2013, Xerais.
  • Ámote Leo A. Estación de tránsito, 2014, Xerais.
  • Ámote Leo A. Terminal de...chegadas?, 2014, Xerais.

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón.
  • Narradoras, 2000, Xerais.
  • Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000, 2001, Edicións do Castro.
  • Alma de beiramar, 2003, A Nosa Terra.
  • Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Seis ferroláns, 2003, Edicións Embora.
  • Sempre mar, 2003, Concello de Fene.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • O son das buguinas, 2007, Xerais.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Manuel Lueiro Rey (1916-1990), 2013, Xerais.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]