Xosé Fernández Ferreiro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Xosé Fernández Ferreiro | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1931 |
Nogueira de Ramuín | |
Falecemento | 16 de decembro de 2015 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Membro do grupo literario nacionalista Brais Pinto. Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.
No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega[1] e tomou posesión o 9 de marzo de 2013.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- A morte de Frank González (1975, Ediciós do Castro).
- Morrer en Castrelo do Miño (1978, Ediciós do Castro). Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos.
- A saga dun afiador (1980).
- A ceo aberto (1981).
- Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981, Xerais).
- Reportaxe cósmico (1983).
- A fraga dos paxaros salvaxes (1985, Xerais).
- O minotauro (1989, Sotelo Blanco).
- Agosto do 36 (1991, Xerais, traducida ao castelán).[2]
- A cidade das chuvias (1994, Xerais).
- Co medo nas mans (1996, Xerais), relatos.
- O atentado (1999, Xerais).
- O último paraíso (2001, Espiral Maior).
- Millo verde (2002, Xerais).
- Os últimos fuxidos (2004, Xerais).
- Tempo de centeo (2009, Xerais).
- Ulcis (2020). Libro póstumo. Xerais. Edición de F. Fernández Naval e prólogo de X. L. Méndez Ferrín. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-702-2.[3] ePub: ISBN 978-84-9121-709-1. Relatos.
Narrativa infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- O conto da boa e da mala pipa (1996).
Ensaio[editar | editar a fonte]
- De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde, (2012, Xerais).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II), 2006, Consello da Cultura Galega.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Galicia de Xornalismo no 1985.
- Premio Xerais no 1991, por Agosto do 36.
- Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2000, por O atentado.
- Galardoado coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2003.
- Premio Brais Pinto no 2013.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Xosé Fernández Ferreiro ocupará la vacante de Del Riego en la RAG". laopinioncoruna.es. Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. pp. 17–18. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12.
![]() |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.