José Antela
José Antela | |
---|---|
Nacemento | 1900 |
Lugar de nacemento | Teis |
Falecemento | 27 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Antela Conde, nado en Teis (no daquela concello de Lavadores) en 1900 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un camareiro e político socialista galego. Foi alcalde do concello de Lavadores durante a Segunda República, executado vítima da represión dos sublevados na Guerra Civil.[1][2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Panadeiro de profesión, foi presidente de varios sindicatos afíns á UGT, militante do PSOE e líder do Subcomité de Lavadores. Grazas a nunha alianza cos agrario-socialistas de Teis converteuse no primeiro alcalde republicano de Lavadores. Foi destituído polo gobernador civil o 12 de setembro de 1934,[4] e despois da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi reposto no cargo.
Cando se produciu o golpe de estado de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, o día 20 en Vigo, á vez que se lía o bando de guerra na Porta do Sol, foron asasinados quince veciños que increparon aos militares sublevados. A partir dese momento e até o día 23, en Vigo e outras localidades próximas, incluíndo Lavadores, mantívose certa resistencia aos golpistas por parte de membros das forzas integrantes do Fronte Popular e sindicalistas da UXT, CNT, así como da FAI. Fracasada a resistencia, moitos dirixentes obreiros, líderes políticos e veciños sen ningunha adscrición foron detidos. José Antela, no entanto, presentouse voluntario, acompañado do cura de Mos e un oficial do exército ante un xuíz de Vigo cando se decatou de que era reclamado pola xustiza. Foi xulgado nun consello de guerra o 22 de agosto, condenado á morte por traizón e á pena accesoria de multa dun millón de pesetas. Foi executado no Cemiterio de Pereiró cinco días despois, xunto ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o presidente da agrupación socialista de Vigo, Apolinar Torres, Ramón González Brunet, Waldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez e os deputados e ex-deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana Pérez e Antonio Bilbatúa Zubeldía. O seu irmán, Luís Antela, tamén residente en Lavadores, foi asasinado nunha saca.
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
Unha rúa no Concello de Vigo leva o seu nome.
Predecesor: Ramón Quintela Pérez |
![]() Alcalde de Lavadores 1931 - 1934 |
Sucesor: Ángel Rodríguez Álvarez |
Predecesor: Ángel Rodríguez Álvarez |
![]() Alcalde de Lavadores 1936 |
Sucesor: ? |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Briallos, Antón (2003). "Vigo 1936. La contribución libertaria a la resistencia contra el alzamiento militar de 1936 en Vigo" (PDF). A Coruña: Ateneo Libertario Ricardo Mella. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2011.
- ↑ Entrada Arquivado 04 de marzo de 2012 en Wayback Machine., no Dicionario biográfico del socialismo español
- ↑ Entrada de Apolinar Torres Arquivado 03 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., no Diccionario biográfico del socialismo español.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-9-1934, p. 1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Antela na páxina web Nomes e Voces.