Eduardo García-Rodeja Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eduardo García-Rodeja»)
Infotaula de personaEduardo García-Rodeja Fernández
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresRicardo San Juan Llosá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAlfredo Rodríguez-Grandjean (en) Traducir, José Luis Gómez Pardo (en) Traducir, Emilio Villanueva Novoa (en) Traducir, José Luís Freire Nistal (en) Traducir, José Ramón Caruncho Castro (en) Traducir e Andrés Viña Escalar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1741809

Eduardo García-Rodeja Fernández, nado o 11 de febreiro de 1922 en Oviedo[1] e finado o 13 de setembro de 2005 en Santiago de Compostela, foi un matemático español. É considerado un dos principais impulsores do desenvolvemento da Matemática en Galicia no século XX.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Fixo o seu bacharelato en Santiago onde tamén comezou os estudos da Licenciatura en Ciencias Exactas,[4] que foron finalizados en Madrid en 1942. Aos 21 anos obtén a cátedra de Matemáticas do Instituto Feminino de Lugo (1943) e no ano seguinte trasládase ao Instituto Rosalía Castro de Santiago, onde permanece até 1965, ao mesmo tempo que foi secretario e director da Escola de Maxisterio "López Ferreiro". Dende 1962, traballou na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, na sección de Matemáticas,[5] onde conseguiu a adicación exclusiva na cátedra de Xeometría.[6]

Iniciou a súa actividade investigadora coa tese doutoral, que, dirixida polo Prof. Ricardo San Juan, e titulada: “Investigacións sobre un grupo de métodos de resolución numérica de ecuacións algebraicas”, que defendeu na Universidade Complutense en Madrid en 1952.[7][8]

Pero a súa relación coa universidade comezara xa en 1944 como astrónomo adxunto adscrito ao Seminario Matemático en Santiago do CSIC no Observatorio Astronómico dirixido por D. Ramón María Aller. Do devandito Seminario foi director en 1979. Foi un decidido impulsor do Instituto de Matemáticas (IMAT) da Universidade de Santiago e, no momento actual, hai un Seminario que leva o seu nome.[9]

Xubilouse o último día de setembro de 1987, pero continuou vinculado coa Universidade como Profesor emérito durante dez anos máis.[10]

Relevancia[editar | editar a fonte]

O impacto que a súa figura científica tivo no panorama matemático español pódese apreciar no gran número de discípulos e de investigadores aos que dirixiu as teses doutorais e que poden ser considerados descendentes matemáticos seus[11] entre os que se poden incluír 17 catedráticos de universidade.[12]

Foi autor de numerosas publicacións de carácter didáctico e libros de texto para o ensino secundario e formación profesional, en consonancia coa súa preocupación polos aspectos metodolóxicos do ensino da Matemática que foi unha constante en toda a súa vida profesional e tamén escribiu unha gran cantidade de artigos de investigación en prestixiosas revistas tanto españolas (Revista matemática hispanoamericana, e Gaceta Matemática) como estranxeiras: Commentarii Mathematici Helvetici (CMH) ou Proceedings of the American Mathematical Society (AMS).

O seu desexo de fomentar a vocación matemática entre os estudantes de secundaria levouno a impulsar e organizar a Olimpíada Matemática durante 35 anos (até 1999), como Vicepresidente honorario (en Santiago) da RSME.

Obra[editar | editar a fonte]

  • (1973) Curso de matemáticas. Segundo curso de Maestría Industrial Formación Profesional Industrial. Barcelona: Vicens-Vives. ISBN 84-316-0663-0
  • (1973) Curso de matemáticas. Tercer curso de aprendizaje industrial. Barcelona: Vicens-Vives. ISBN 84-316-0646-0
  • (1980) Trabajos sobre triples. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-177-9
  • (1983) Matemática antigua y actual: discurso inaugural leído en la solemne apertura del curso académico 1983-84. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-310-0

Cargos académicos, premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Director (até a súa xubilación en 1987), do Departamento de Álxebra e Fundamentos (Universidade de Santiago de Compostela).[7]
  • Vicedecano da Facultade de Ciencias, Decano da Facultade de Matemáticas, e Director do Colexio Universitario de Lugo.[7][13]
  • Membro da Real Academia Galega de Ciencias desde a súa fundación.[14]
  • Membro de diversas academias científicas: Mathematical Asociation of America, American Mathematical Society, Asociación Española para o Progreso das Ciencias. Membro honorario da Real Sociedad Matemática Española.[5]
  • En 1978 foille concedida a “Medalla da Orde Civil de Alfonso X o Sabio” na sección especial ao mérito docente.[15]
  • En 1995 a Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao en recoñecemento ao mérito da súa traxectoria científica[16]
  • O 23 de febreiro de 2006, pouco despois do seu pasamento, celebrouse na Universidade de Santiago unha homenaxe "in memoriam" á que asistiron os tres reitores das universidades galegas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Villanueva (2008), p. 1
  2. Villanueva (2008), p. 4
  3. 3,0 3,1 "Homenaje al profesor de Matemáticas Eduardo García-Rodeja Fernández". lavozdegalicia.es (en castelán). 23 de febreiro de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  4. Marco & Porto (2000), p. 241
  5. 5,0 5,1 Marco & Porto (2000), p. 242
  6. "Orden de 30 de julio de 1964 por la que se nombra en virtud de oposición Catedrático de la Universidad de Santiago a don Eduardo García-Rodeja Fernández." (PDF) (222). Madrid. Consultado o 12 de octubre de 2017. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Villanueva (2008), p. 2
  8. "Investigaciones sobre un grupo de métodos de resolución numérica de ecuaciones algebraicas". Dialnet (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  9. "Seminario García-Rodeja". usc.es. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  10. "RESOLUClON de 19 de enero de 1988, de la Universidad de Santiago. por la que se nombran Profesores eméritos a don Eduardo Garcia-Rodeja Fernández y a don Benito Regueiro Varela" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán) (Madrid) (34): 4241. 9 de febreiro de 1988. ISSN 0212-033X. OCLC 231045136. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  11. "Eduardo García-Rodeja Fernández". documat (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  12. Villanueva (2008), p. 5
  13. Abel Vilela, Adolfo de (1996). "El campus de Lugo". En Vila Jato, Dolores. El patrimonio histórico de la Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2 vols. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. p. 88. ISBN 9788481214383. 
  14. "Historia". ragc.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  15. "Real Decreto 1727/1978, de 24 de junio, por el que se concede la Orden Civil de Alfonso X el Sabio, en su Sección Especial «Al Mérito Docente», a los Profesores que se mencionan." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán) (Madrid) (173): 17314. 21 de xullo de 1978. ISSN 0212-033X. OCLC 231045136. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  16. "DECRETO 167/1995, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla de Castelao no ano 1995". Diario Oficial de Galicia (Madrid) (116): 4.596. 19 de xuño de 1995. ISSN 2253-8046. Consultado o 21 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Marco, Aurora; Porto Ucha, Anxo Serafín (2000). A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996). Santiago de Compostela: Universitaria de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-854-5. 
  • Villanueva Novoa, Emilio (14 de novembro de 2008). "Esbozo biográfico de EDUARDO GARCÍA-RODEJA FERNÁNDEZ" (PDF). usc.es. Consultado o 21 de agosto de 2019. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]