Dolores Sánchez Palomino
Dolores Sánchez Palomino | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1961 |
Lugar de nacemento | San Vicente de la Barquera |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | filóloga e profesora universitaria |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Dolores Sánchez Palomino, chamada Loli Sánchez Palomino, nada en San Vicente de la Barquera o 11 de setembro de 1961,[1] é unha profesora e filóloga galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no IES Agra do Orzán da Coruña e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde presentou a súa tese de doutoramento dirixida por Constantino García en 1989: O artigo en francés nos séculos XIV e XV. Aproximación a unha historia do concepto: comportamento cos nomes propios e empregos non xenéricos do definido.[2]
Profesora Catedrática da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Románica. Dende 2011 imparte clases no European Master of Lexicography e dende 2012 dirixe a Rede de Lexicografía RELE. Codirixe o Dictionnaire Étymologique Roman e o proxecto de deseño e posta en marcha do Dicionario histórico e etimolóxico da lingua galega, no que participan as tres universidades galegas, e as de Zürich (Suíza) e Leipzig (Alemaña).[3]
Comezou a colaborar co Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega en 1990. Participou na elaboración do Vocabulario ortográfico da lingua galega, e foi redactora do Diccionario da lingua galega da RAG e o ILG (1990), do Diccionario da Real Academia Galega (1997) e da revisión e actualización do DRAG, dispoñible en liña dende 2012.[4]
As súas liñas de investigación son a Lexicoloxía, terminoloxía e lexicografía, lingüística románica, historiografía lingüística, lingua galega, lingua francesa, edición e estudo de textos medievais.[5][6]
Foi elixida académica correspondente en 2004 e académica de número da Real Academia Galega no pleno do 17 de novembro de 2020.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha en Prabbok
- ↑ Sánchez-Palomino, María-Dolores (1989). "O artigo en francés nos séculos XIV e XV: aproximación a unha historia do concepto: comportamento cos nomes propios e empregos non xenéricos do definido" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "Ficha de María Dolores Sánchez Palomino". udc. Consultado o 18/11/2020.
- ↑ "O pleno elixe a María Dolores Sánchez Palomino académica de número - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2020-11-18.
- ↑ "Personal - Departamento de Filología Española y Latina". www.dfel.udc.es. Consultado o 2020-11-18.
- ↑ "María-Dolores Sánchez-Palomino". scholar.google.es. Consultado o 2020-11-18.
- ↑ La RAG nombra a María Dolores Sánchez Palomino académica de número