Manuel Amor Meilán
Manuel Amor Meilán | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1933. | |
Nacemento | 31 de xaneiro de 1867 |
Coruña | |
Falecemento | 9 de decembro de 1933 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | antropólogo, xornalista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou como funcionario na Deputación de Lugo. Foi redactor e despois director durante vinte anos de El Regional, dirixiu a efémera La Ilustración Gallega e tamén dirixiu o xornal La Provincia. Colaborou noutras publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica.
Investigou a existencia humana en covas (como a cova do Rei Cintolo de Mondoñedo) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de José Villaamil Castro. Cría na orixe céltica de castros e mámoas, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en Historia de la provincia de Lugo (1918). Outras obras inclúen a Geografía General del Reino de Galicia, xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de Manuel Molina Mera.[1]
Tamén ten obra literaria. Foi un dos primeiros escritores en escribir novelas en galego, ademais de publicar numerosos relatos n' O Tío Marcos da Portela e outras publicacións.
Fundador da Real Academia Galega en 1905, tamén foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A. de Barcelona, da A.B.A. e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Obras[editar | editar a fonte]

- Mendo de Maceda o los amores de un noble, 1882 (novela en castelán)
- Justicias y crueldades, 1883 (novela en castelán)
- Treboadas, 1884 (poesía en galego)
- Desde la honradez de un crimen, 1884 (novela en castelán)
- Xuana, novela de costumes gallegas, 1886, O Galiciano (novela en galego)
- Os fillos da praia, 1887 (novela en galego)
- Pedro Madruga, 1887 (poesía en castelán)
- Amante, esclava y verdugo, 1888 (novela en castelán)
- Dolores, Álbum de mi hija, 1890
- Sol y sombra. Cuentos y paisajes, 1893
- El último hijodalgo, 1893, Biblioteca Gallega (relatos en castelán)
- Reinar despois de morrer, 1897
- Gregorio Hernández (El Murillo de la escultura), 1898 (ensaio en castelán)
- Santa Trahamunda, 1900
- Galicia en el teatro antiguo, 1902
- Influencia de la dominación musulmana en Galicia, 1902
- Floralba, 1902 (poesía en castelán)
- La cadena, 1905
- La bella Cintia, 1907
- Cuentos y Romances, 1907 (narrativa e poesía en castelán)
- El obispo de Orense D. Pedro Quevedo y Quintano como patriota y como político, 1908
- Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego, 1912
- Suriña, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1913 (novela en castelán).[2]
- Romances, 1916
- Historia de la provincia de Lugo, 1918-27, 7 volumes
- Geografía General del Reino de Galicia (Tomo IV, provincia de Lugo; 1928)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Amor Meilán ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. p. 164. ISBN 84-95350-79-3.
- Entrada "Amor Meián, Manuel Pascual" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 53, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.