Juan Vicente Herrera
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Juan Vicente Herrera | |
![]() | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 16 de marzo de 2001[1] | |
Precedido por | Juan José Lucas |
Actualmente no cargo | |
Dende o 5 de outubro de 2002 | |
Precedido por | Juan José Lucas |
Actualmente no cargo | |
Dende o 26 de maio de 1995 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | Burgos, España |
Partido | Partido Popular |
Alma máter | Universidade de Navarra |
Na rede
| |
www.jcyl.es |
Juan Vicente Herrera Campo, nado en Burgos o 23 de xaneiro de 1956, é un avogado e político español, presidente da Xunta de Castela e León, procurador nas Cortes de Castela e León do grupo parlamentario popular pola provincia de Burgos desde a IV lexislatura.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou dereito na Universidade de Navarra e actualmente está colexiado como avogado en Burgos e Madrid. Foi secretario xeral da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Castela e León desde o ano 1992 ata o remate da III Lexislatura e voceiro do Grupo Parlamentario Popular nas Cortes de Castela e León desde o ano 1995 ata febreiro de 2001. Ao ser o presidente da Xunta, Juan José Lucas, nomeado ministro da Presidencia Juan Vicente Herrera pasou a ser o máximo responsable do goberno rexional e presidente do Partido Popular rexional desde outubro de 2002. En 2003 o seu partido gañou por maioría absoluta as eleccións autonómicas, presetándoo a el como candidato a presidir o goberno, encabezando a lista da provincia de Burgos. Nas eleccións de 2007 o seu partido revalidou a maioría absoluta na cámara rexional con igual número de escanos ca nas eleccións de 2003. Nas eleccións de 2011 o PP aumentou tanto o número de votos como de procuradores.
Cargos políticos desempeñados[editar | editar a fonte]
- Presidente do PP de Burgos (1993-2001).
- Procurador pola provincia de Burgos nas Cortes de Castela e León (1995-actualidade).
- Voceiro do PP nas Cortes de Castela e León (1995-2011).
- Presidente da Xunta de Castela e León (desde 2001).
- Secretario xeral dol PP de Castela e León (2001-2002).
- Presidente do PP de Castela e León (desde 2002).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOE (ed.). "Real Decreto 280/2001, de 16 de marzo, por el que se nombra Presidente de la Junta de Castilla y León a don Juan Vicente Herrera Campo" (pdf). Boletín Oficial del Estado n.º 66 de 17 de marzo de 2001: 9942. ISSN 0212-033X.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Vicente Herrera |
Predecesor: José María Álvarez de Eulate |
![]() Presidente do PP de Burgos 1993-2001 |
Sucesor: César Rico |
Predecesor: Javier León de la Riva |
![]() Voceiro do Grupo Popular nas Cortes de Castela e León 1995-2001 |
Sucesor: Francisco Vázquez |
Predecesor: Juan José Lucas |
![]() Presidente da Xunta de Castela e León 2001-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Jesús Merino |
![]() Secretario xeral del PP de Castela e León 2001-2002 |
Sucesor: Alfonso Fernández Mañueco |
Predecesor: Juan José Lucas |
![]() Presidente do PP de Castela e León 2002-actualidade |
Sucesor: No cargo |