Xulio Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xulio Ríos
Nacemento2 de outubro de 1958
 Moaña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
XénerosEnsaio
Coñecido/a porNós no mundo. Unha política exterior para Galicia
EstudosDereito
Na rede
AELG: 308
editar datos en Wikidata ]

Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desde a súa fundación en 1991, así como da Fundación Plácido Castro do IGADI e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Participa en numerosas publicacións e revistas, tanto galegas como internacionais. Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais, e é membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares, membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega. É, tamén, director do Observatorio de la Política China e promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología. Dirixe o Informe Anual sobre Política China que se publica desde 2007, e desde o 2011, o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.

Premios[editar | editar a fonte]

En 2018 gañou o premio Cátedra Chinesa.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Obras en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio
Tradución
  • A arte da guerra, de Sun Tzu, 2013, Teófilo Edicións.
Obras colectivas
  • O conflicto dos Balcáns: a ex-Iugoslavia, 1994, Ir Indo. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero.
  • Pensar a democracia, 1994, Editorial Inquérito, (Lisboa).
  • Rusia: das orixes á quebra dun modelo, 1996, Ir Indo. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero.
  • Cuba, independencia e revolución, 1998, Edicións do Cumio. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Sempre no mundo, 2001, IGADI.
  • A acción exterior das CCAA españolas en América Latina: o caso de Galicia, 2002, Aieti.
  • Plácido Castro, no centenario, 2002, IGADI.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Galicia, un país no mundo: conmemoración cívica 70 aniversario do recoñecemento internacional de Galicia como unha nacionalidade. Lembranza de Plácido Castro, Vigo 18 de setembro 2003, 2004, Ediciós do Castro.
  • Libro branco da acción exterior de Galicia, 2005, Xunta de Galicia.
  • Congreso Plácido Castro no seu tempo, 2006, Xunta de Galicia.
  • Galicia solidaria, 2009, Xerais.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.
  • Ramón Lugrís. Sempre Galicia, sempre Europa, 2016, IGADI.
Edicións

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • China: ¿superpotencia del siglo XXI?, 1997, Icaria.
  • La política exterior de China, la diplomacia de una potencia emergente, 2005, Bellaterra.
  • Taiwán, el problema de China, 2005, La Catarata.
  • Mercado y control político en China, 2007, La Catarata.
  • China de la A a la Z: diccionario general de expresiones chinas, 2008, Editorial Popular, Madrid.
  • China en 88 preguntas, 2010, La Catarata.
  • China pide paso, 2012, Icaria.
  • China Moderna. Una inmersión rápida. 2016. Tibidabo.
Obras colectivas
  • Las relaciones hispano-chinas. Historia y futuro, 2013, La Catarata.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lombao, David. "O analista galego Xulio Ríos gaña o premio Cátedra Chinesa". Praza Pública. Consultado o 20 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]