Román García Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla Castelao Galiza Spain.png

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no Corpo de Xuíces Municipais e Comarcais en 1966. Exerceu funcións como xuíz comarcal nos Xulgados de Ateca (Zaragoza) e Tinéu (Asturias). Ingresou na carreira xudicial en 1967. Foi de xuíz de Primeira Instancia e Instrución en Amurrio (Araba), San Clemente (Cuenca), A Estrada, Granollers (Barcelona) e Ocaña (Toledo). Entre 1976 e 1979 prestou funcións no Xulgado de Instrución número 14 de Madrid. En novembro de 1979, ascendeu a maxistrado e desempeñou funcións nos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vitoria e número 2 de Alcalá de Henares, e de Primeira Instancia número 23 de Madrid. En 1986 foi nomeado Inspector Delegado do Consello Xeral do Poder Xudicial. En 1989 foi promovido á categoría de Maxistrado do Tribunal Supremo e nomeado Xefe do Servizo de Inspección do Consello do Poder Xudicial. En 1996 incorporouse á Sala Primeira do Tribunal Supremo. Colaborou en El País, La Voz de Galicia e Liberación e na revista La Ley.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Ley del Divorcio.
  • Práctica Procesal Civil.
  • El Recurso de Amparo en el Área Civil.
  • Comentarios del Código Civil.
  • Derecho de la Edificación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]