Antonio Meijide Pardo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Antonio Meijide Pardo | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1917 |
O Barco de Valdeorras, ![]() | |
Falecemento | 25 de xuño de 2004 (87 anos) |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | Historiador |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 25 de xuño de 2004, foi un historiador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Residiu na Coruña desde 1940 onde foi catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Eusebio da Guarda, posto do que se xubilou en 1985. Socio fundador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, ingresou na Real Academia Galega o 25 de maio de 1963 da que foi tesoureiro (1983-1997), foi vicepresidente do Padroado da Biblioteca do Real Consulado da Coruña. Investigou a invasión inglesa de 1719 e as reais fábricas en Galicia.
Obra[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Brasil: la gran potencia del siglo XXI, Antonio Meijide Pardo, 1955, 2ª ed. 1957, Porto y Cía. Editores.
- La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII, 1960.
- Vigo en su historia (con Fernando Acuña, J. M. Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Odriozola et alii), 1980.
- Documentos para la historia de las reales fábricas de Sargadelos, 1982.
- Escritos e autores na Galicia da Ilustración, 1982, Real Academia Galega.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e a Medalla Castelao (1996).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|