Rafael Portanet
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de marzo de 1908 Cangas de Morrazo |
| Morte | 5 de maio de 1988 Vigo |
| 21 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
| 6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
| 27 de abril de 1965 – 15 de novembro de 1967 ← José Ramón Fontán Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
| 1964 – 1970 ← José Ramón Fontán – Antonio Ramilo → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, empresario |
| Familia | |
| Cónxuxe | Josefina Cabello. |
| Fillos | Cinco |
| Premios | |

Rafael Jesús Portanet Suárez, nado en Cangas de Morrazo o 6 de marzo de 1908 e finado en Vigo o 5 de maio de 1988,[1] foi un empresario e político galego, alcalde de Vigo durante o franquismo dende 1964 ata 1970.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia de tradición empresarial e xenro de Eduardo Cabello (enxeñeiro artífice do porto de Vigo), iniciou a súa andaina profesional no sector do peixe e as conservas. Delegado do Estado na Zona Franca durante 37 anos, atribúeselle gran parte do mérito da chegada da factoría PSA Citroën ás súas instalacións.
Remodelou e profesionalizou a Caixa de Aforros Municipal de Vigo como presidente da mesma. Como alcalde de Vigo promoveu a modernización da cidade (apertura da rúa Venezuela, desenvolvemento do polígono de Coia, mellora da iluminación da cidade, remodelación do parque da Guía, do Castro e parque de Castrelos, mellora do Museo Quiñones de León, instalación de parques infantís na cidade, auga ó rural, Escola de Artes e Oficios), cunha xestión eficaz e ás veces controvertida. Durante o seu mandato, no cambio de ano de 1967 a 1968, os tranvías eléctricos que había na cidade (dende 1914) foron substituídos por autobuses.
Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado polo grupo Coalición Democrática, e viviu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 no Congreso dos Deputados.
| Predecesor: José Ramón Fontán González |
Alcalde de Vigo 1964-1970 |
Sucesor: Antonio Ramilo Fernández-Areal |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibe o recoñecemento a súa xestión co nomeamento da Avenida Alcalde Portanet.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 7/5/1988, p. 1, 8.
- ↑ "Dimite el alcalde de Vigo", artigo en La Vanguardia Española o 26 de marzo de 1970 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 97. ISBN 84-87379-47-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- FichaArquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. na páxina do Congreso dos Deputados (en castelán).
- "Portanet, regidor eficaz y alcalde autoritario", artigo en La Voz de Galicia o 22 de xullo de 2006 (en castelán).