Saltar ao contido

Manuel Sánchez Salorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Sánchez Salorio
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 2023 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoftalmólogo Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 182940 BNE: XX1725358 BUSC: sanchez-salorio-manuel-1930 Dialnet: 3336946

Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 2023, foi un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía.[1][2][3] Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do oculista Manuel Sánchez Mosquera[1] e sobriño de Juan José Barcia Goyanes,[5] percibiu precozmente o seu ambiente familiar: a cátedra universitaria.[6] Un irmán da súa nai foi Demetrio Salorio Suárez, alcalde da Coruña.[1]

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1946-52), con Premios Extraordinario e Nacional Fin de Carreira, e doutorouse pola mesma Universidade, con Premio Extraordinario cunha tese titulada La regulación nerviosa de la tensión ocular ("A regulación nerviosa da tensión ocular", 1955). Realizou a especialidade de oftalmoloxía primeiro co seu pai e logo co profesor Ángel Moreu González-Pola, catedrático de oftalmoloxía de Santiago de Compostela. Este nomeouno o seu profesor adxunto (1956-63), devindo logo á súa morte encargado de cátedra e finalmente catedrático desa disciplina en 1963, sendo o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da universidade compostelá. Aprendeu cirurxía ocular asistindo aos servizos de Hermenegildo Arruga, Ignacio Barraquer e Ramón Castroviejo.

Fiel expoñente da universidade autárquica creou a escola científica inicialmente coñecida como Escola Profesional de Oftalmoloxía e que adoita chamarse hoxe Escola Galega de Oftalmoloxía anexa a devandita Cátedra. Foi ademais Vicedecano da Facultade de Medicina e Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (1975).

O 27 de febreiro de 1981 ingresou como Académico Numerario na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[7]

Un dos membros máis antigos do corpo médico da comunidade galega e remiso á xubilación, en 2015 continuaba a ser o director da Fundación Instituto de Oftalmoloxía de Galicia (Ingo).[2]

Escribiu numerosos artigos para a Revista Española de Oftalmología e outras publicacións da especialidade. A súa escola fixo importantes achegas científicas sobre a circulación da retina e, moi especialmente, ofreceu unha solución ao tratamento da enfermidade ocular chamada glaucoma, frecuente en Galicia.[8]

Outras actividades

[editar | editar a fonte]

Sánchez Salorio foi un dos fundadores en 1961 do Real Club de Golf da Coruña.[9]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 "Interesante contacto con D. Manuel Sánchez Salorio". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  2. 1 2 El oftalmólogo Sánchez Salorio, medalla de oro de Galicia 2015 La Voz de Galicia.
  3. "Fallece el oftalmólogo y humanista coruñés Manuel Sánchez Salorio". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2023-03-16. Consultado o 2023-03-16.
  4. Homenaje en Madrid a Manuel Sánchez Salorio La Voz de Galicia.
  5. "Historia de la neurocirugía española. La escuela de Valencia: J.J. Barcia Goyanes". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  6. Sanchez Salorio, M.: Demetrio Pita en la memoria y en el corazón. Rev.Soc.Esp.Oftal.,81, 2006
  7. "Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia: Miembros de la Real Academia - Manuel Sánchez Salorio". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  8. Sanchez Salorio y Pita Salorio, D.: Atlas de retinopatías vasculares. Sandoz. Barcelona. 1972
  9. "Manuel Sánchez Salorio, medalla de oro de Galicia 2015". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  10. DOG Núm. 117 do 14 de xuño de 1996
  11. El Colegio de Médicos de A Coruña concede la medalla de oro y brillantes a Sánchez Salorio La Voz de Galicia.
  12. Neira Vilas, David Cal, Sánchez Salorio y Enrique Beotas, Medallas de Oro de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]