Luis Suárez-Llanos Menacho
Luis Suárez-Llanos Menacho | |
---|---|
Nacemento | 1906 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 24 de maio de 1959 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Luis Suárez-Llanos Gómez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luis Suárez-Llanos Menacho, nado en Vigo en 1906 e finado na mesma cidade o 24 de maio de 1959[1], foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi nomeado alcalde de Vigo o 31 de xaneiro de 1938, permanecendo no cargo até setembro de 1939. Volveu ser nomeado alcalde o 24 de xuño de 1940 e cesou en 1949. Foi presidente da Deputación de Pontevedra do 20 de febreiro de 1958 ata a súa morte. Foi procurador en Cortes como representantes de Deputacións Provinciais (1958-1959).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
O seu irmán foi José Antonio Suárez-Llanos Menacho, pintor e a súa irmá Rosario Suárez-Llanos, gastrónoma.
Estivo casado. O seu fillo foi o catedrático de Dereito Mercantil e académico Luis Suárez-Llanos Gómez.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 165. ISBN 84-87379-47-8.
Predecesor: José Giménez García |
![]() Alcalde de Vigo 1938 - 1939 |
Sucesor: Estanislao Durán Gómez
|
Predecesor: Estanislao Durán Gómez |
![]() Alcalde de Vigo 1940 - 1949 |
Sucesor: Tomás Pérez Lorente
|
Predecesor: Luis Rocafort Martínez |
![]() Presidente da Deputación de Pontevedra 1958 - 1959 |
Sucesor: Prudencio Landín Carrasco
|