Saltar ao contido

Día das Letras Galegas

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Día das Letras Galegas
Imaxe
Datas
 Fundación / creación
17 de maio de 1963 Editar o valor en Wikidata
 Día periódico
Implicados
 Organizador/a
Localización
 Situado en
 Xurisdición
Códigos e identificadores
Freebase/m/05_z4h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).[1][2]

Manifestación na defensa da lingua o Día das Letras de 2018 en Compostela
Manifestación do 17 de maio de 2024.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén escritora Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).[3]

Para conmemorar o primeiro Día das letras galegas (DLG) publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, feita por Fermín Bouza-Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.[4][5]

En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o pleno de celebración do Día das Letras non decorrería o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carballo Calero.[6] Finalmente, as restricións sanitarias fixeron que o acto se tivese que adiar de novo, até o 12 de decembro.[7]

Pleno extraordinario

[editar | editar a fonte]

O propio día das Letras Galegas, a Real Academia Galega celebra un pleno extraordinario público e de entrada libre.[8] Normalmente, adóitase elixir un lugar vinculado coa figura homenaxeada. Algúns deles foron:

Ano Figura homenaxeada Lugar escollido Concello
2006 Manuel Lugrís Freire Museo Carlos Maside Sada[9]
2007 María Mariño Seoane do Courel Folgoso do Courel[10]
2008 Xosé María Álvarez Blázquez Auditorio do concello de Vigo Vigo[11]
2009 Ramón Piñeiro Pavillón polifuncional Láncara[12]
2010 Uxío Novoneyra Antiga escola de Seoane do Courel Folgoso do Courel[13]
2011 Lois Pereiro Casa da Cultura Monforte de Lemos[14]
2012 Valentín Paz-Andrade Fundación Barrié Vigo[15]
2013 Roberto Vidal Bolaño Teatro Principal Santiago de Compostela[16]
2014 Xosé María Díaz Castro Casa Habanera Guitiriz[17]
2015 Xosé Filgueira Valverde Museo de Pontevedra Pontevedra[18]
2016 Manuel María Horta da Casa das Hortas Outeiro de Rei[19]
2017 Carlos Casares Salón de plenos do concello Xinzo de Limia[20]
2018 María Victoria Moreno Teatro Principal Pontevedra[21]
2019 Antonio Fraguas Carballeira de Famelga, Augasantas Cerdedo-Cotobade[22]
2020 Ricardo Carballo Calero Paraninfo da Universidade Santiago de Compostela[23]
2021 Xela Arias Auditorio Mar de Vigo Vigo[24]
2022 Florencio Delgado Gurriarán Córgomo Vilamartín de Valdeorras[25]
2023 Francisco Fernández del Riego Centro de usos múltiples Ponte de Cuñas Lourenzá[26]
2024 Luísa Villalta Teatro Rosalía de Castro A Coruña[8]
2025 Cantareiras Auditorio do Centro Cívico Malpica de Bergantiños[27]
2026 Begoña Caamaño ? ?

Proceso de escolla

[editar | editar a fonte]

A institución encargada de elixir a figura homenaxeada é a Real Academia Galega.[28] Segundo os seus estatutos, debe ser escollida na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas.[28] Os criterios para a súa elección son que "a figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe".[28] Ademais, deben pasar dez anos dende o seu falecemento e cómpre que a proposta estea asinada por un mínimo de tres académicos.[28]

Algunhas das figuras que foron propostas, mais que non foron escollidas son: Diego Antonio Cernadas Castro (2002 e 2003),[29][30] a escola diocesana de Mondoñedo (2003),[29] Plácido Castro (2004, 2017 e 2018),[31][32] Xosé Ramón Fernández-Oxea (2013),[33] Antonio Fernández Morales (2013 e 2017),[32] Ramón de Valenzuela (2014),[34] Francisco Vales (2014),[34] Celestino Fernández de la Vega (2015),[35] Eusebio Lorenzo (2018),[36] Federico García Lorca e Ánxel Casal (2022),[37] Fiz Vergara Vilariño (2022),[38] Florencio López Fernández (2024),[39] Antón Tovar (2024, 2025 e 2026),[40][41] Enrique Labarta Pose (2025 e 2026)[2] e Miguel González Garcés (2026),[41] entre outros.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Homenaxeados

[editar | editar a fonte]
  1. As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025
  2. 1 2 "A RAG confirma o cancioneiro popular como protagonista das Letras Galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-07-06. Consultado o 2025-04-10.
  3. Fernández del Riego, Francisco (1995). "Prologo". De Rosalía a Dieste 33 anos das letras. Xerais. ISBN 84-7507-878-8.
  4. F. Freixanes, Víctor (13/5/2006). "O Día das Letras (¿festivo?)". La Voz de Galicia.
  5. "Día das Letras Galegas". Galicia Hoxe. 16/5/2007. Arquivado dende o orixinal o 01/02/2018. Consultado o 31/01/2018.
  6. "A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro". Real Academia Galega. 8/4/2020.
  7. "A RAG celebra a Carvalho Calero como referente do". Real Academia Galega. Consultado o 2021-10-29.
  8. 1 2 "O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o pleno do Día das Letras Galegas 2024". Real Academia Galega. 2024-04-17. Consultado o 2025-06-18.
  9. "Día das Letras Galegas 2006. Manuel Lugrís Freire". Real Academia Galega. Consultado o 2025-06-18.
  10. "Día das Letras Galegas 2007. María Mariño". Real Academia Galega. Consultado o 2025-06-18.
  11. "Día das Letras Galegas 2008. Xosé María Álvarez Blázquez". Real Academia Galega. Consultado o 2025-06-18.
  12. "Día das Letras Galegas 2009. Ramón Piñeiro". Real Academia Galega. Consultado o 2025-06-18.
  13. culturagalega.org (2010-05-14). "A RAG realizará o seu acto académico na antiga escola do concello". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2025-06-18.
  14. Santiago, EUROPA PRESS- (2011-05-16). "Monforte centraliza los homenajes a Lois Pereiro el Días das Letras Galegas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-06-18.
  15. VIgo/ourense, Redacción (2012-05-17). "Vigo acolle os actos centrais do Día das Letras en Galicia". Atlántico (en castelán). Consultado o 2025-06-18.
  16. "Acto central do Día das Letras Galegas". Real Academia Galega. 2013-05-17. Consultado o 2025-06-18.
  17. "Acto central do Día das Letras Galegas 2014". Real Academia Galega. 2014-05-17. Consultado o 2025-06-18.
  18. "Acto central do Día das Letras Galegas 2015". Real Academia Galega. 2015-05-18. Consultado o 2025-06-18.
  19. "Día das Letras Galegas 2016. Manuel María". Real Academia Galega. Consultado o 2025-06-18.
  20. "A homenaxe a Casares en Xinzo reivindica o seu "compromiso co país, a lingua e a cultura"". Praza Pública. 2017-05-17. Consultado o 2025-06-18.
  21. "Día das Letras Galegas 2018. María Victoria Moreno". Real Academia Galega. Consultado o 2025-06-18.
  22. "Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas, o home que contribuíu a dignificar o galego". Pontevedra viva. 2019-05-17. Consultado o 2025-06-18.
  23. "A Real Academia Galega celebra o 12 de decembro o pleno do Día das Letras Galegas". Real Academia Galega. 2020-12-04. Consultado o 2025-06-18.
  24. "A RAG celebrará en Vigo o pleno das Letras Galegas de Xela Arias coas olladas á autora de Ana Romaní, Manuel Rivas e Marilar Aleixandre". Real Academia Galega. 2021-05-08. Consultado o 2025-06-18.
  25. Mato, Mar (2022-05-18). "A homenaxe a Delgado Gurriarán enche as rúas de Galicia de literatura, música e baile". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-06-18.
  26. RAG (2023-05-17). "Pleno extraordinario do Día das Letras 2023". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2025-06-18.
  27. "A RAG reivindica para o futuro do idioma o “exemplo luminoso” das cantareiras e da tradición que se abre aos novos tempos". Real Academia Galega. 2025-05-17. Consultado o 2025-06-18.
  28. 1 2 3 4 "Historia". Real Academia Galega. Consultado o 2024-06-06.
  29. 1 2 culturagalega.org (2002-06-24). "A Academia de Taramancos". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2025-05-20.
  30. culturagalega.org (2000-01-03). "Letras no 2002". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2025-06-19.
  31. culturagalega.org (2003-07-14). "Xocas 2004". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2025-06-19.
  32. 1 2 Pontevedra, Diario de (2016-07-09). "La RAG elige este sábado al autor a quien se le dedicarán las Letras Galegas de 2017". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-06-06.
  33. "As Letras Galegas que (aínda) non foron: nove candidaturas presentadas na última década aínda non acadaron a homenaxe". Praza Pública. 2024-07-07. Consultado o 2025-05-19.
  34. 1 2 Diario, Nós (2013-06-18). "Seis nomes, ningunha muller, pechan a lista de candidatos ao Día das Letras Galegas". Nós Diario. Consultado o 2024-06-06.
  35. "A RAG escollerá as Letras 2015 entre Carvalho Calero, Filgueira Valverde, Xela Arias, Manuel María e Celestino Fernández de la Vega". Praza Pública. 2014-07-03. Consultado o 2024-06-06.
  36. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará o Día das Letras de 2018". Real Academia Galega. 2017-06-13. Consultado o 2024-06-06.
  37. "Ánxel Casal e Lorca, unha proposta conxunta para o Día das Letras Galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-30. Consultado o 2024-06-06.
  38. "Ánxel Casal e Lorca, unha proposta conxunta para o Día das Letras Galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-30. Consultado o 2024-06-06.
  39. "Luísa Villalta e o cancioneiro popular, favoritos para a homenaxe do Día das Letras 2024". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-29. Consultado o 2024-06-06.
  40. "A Real Academia Galega elixe a Luísa Villalta para o Día das Letras Galegas do 2024". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-29. Consultado o 2024-06-06.
  41. 1 2 "Begoña Caamaño, protagonista das Letras Galegas 2026". G24. Consultado o 2025-06-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]