Urania Mella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urania Mella
Urania Mella Serrano
Datos persoais
Nacemento15 de novembro de 1899
 Vigo
Falecemento26 de maio de 1945
 Lugo
OrganizaciónUnión de Mulleres Antifascistas
PaiRicardo Mella
CónxuxeHumberto Solleiro
ProfesiónPolítica e mestra
editar datos en Wikidata ]

Urania Mella Serrano, nada en Vigo o 15 de novembro de 1899 e finada en Lugo o 26 de maio de 1945, foi unha política galega e precursora do asociacionismo feminino. Filla do pensador anarquista Ricardo Mella Cea e mais de Esperanza Serrano, á súa vez filla de Juan Serrano Oteiza, coñecido anarquista madrileño e fundador da La Revista Social, foi presidenta da sección viguesa da Unión de Mulleres Antifascistas, así como membro do Socorro Rojo Internacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Muller moi culta e comprometida socialmente, foi mestra de piano e estudou Belas Artes na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Dende moi nova dedicou a súa vida á defensa da muller, comezando a ensinar a ler ás mulleres do barrio de Lavadores, para continuar logo dende a UMA.

Buque Urania Mella de loita contra a contaminación, SASEMAR.[1]

Tras o golpe de estado de 1936 intentou defender o barrio, xunto co seu home Humberto Solleiro Rivera, para logo fuxir cara a Redondela, onde foron detidos. Foi condenada á morte en consello de guerra, mais logo foille conmutada a condena pola de trinta anos; non así a do seu home, que foi fusilado. Xa viúva e deixando en Vigo catro fillos, foi encadeada no penal de Santurrarán, Guipúscoa, onde pasou mais de 9 anos. Ao quedar libre marchou co seu fillo Raúl a vivir a Lugo, no lar de María Gómez González, onde ficou ata a súa morte.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O concello de Vigo decidiu no pleno do 31 de marzo de 2008 dedicarlle unha rúa da cidade.[2] e o Ministerio de Fomento deulle o seu nome ao buque anticontaminación que foi botado no outubro do 2008[3]. Este último acto non foi alleo á polémica, ao non seren invitados os achegados[4][5].

Sobor da vida das mulleres encarceradas na cadea de Santurrarán foi presentado no Festival de cine de San Sebastián do 2010, o documental de Txaber Larreategi e Josu Martínez Prohibido recordar que protagonizan as fillas da política galega Alicia e Conchita.[6]

Placa na rúa de Vigo.

A 15 de decembro de 2010 e en cumprimento da Lei 52/2007, do 26 de decembro, mediante a cal a democracia española honra a quen padeceron inxusta persecución durante o golpe de estado de 1936 e a ditadura posterior, o ministro Francisco Caamaño Domínguez expediu a Declaración de reparación e recoñecemento persoal ao seu favor, en virtude do ordenado no parágrafo 1, artigo 4 da citada lei.

Foi recoñecida nun mural en Vigo en 2021 como pioneira.

Representación de Urania Mella como pioneira nun mural da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo en 2021

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]