Saltar ao contido

Evaristo Martelo Paumán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEvaristo Martelo Paumán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1853 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 1928 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1295070 BUSC: martelo-pauman-evaristo-1853-1928

Evaristo Martelo Paumán del Nero, nado na Coruña o 21 de abril de 1853 e finado na mesma cidade o 31 de marzo de 1928, foi un escritor e avogado galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Os afillados do demo.

Fillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, foi bautizado o día 25 de abril na igrexa de San Nicolao. Descendente do poeta e almirante Pai Gómez Chariño, fixo estudos para mariño, pero finalmente dedicouse ao Dereito. A vida de Evaristo Martelo transcorreu entre a Casa do Arco en Laxe, o pazo dos Andeiro en Rianxo, o castelo de Vimianzo (que el mercou) e o pazo de Ombre. Membro da nobreza, foi VI marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro por herdanza da súa nai.

Era un dos contertulios da Cova Céltica coruñesa, na que participaba con Eduardo Pondal, con quen trabou unha grande amizade, influíndo na súa obra. Fixo gala dun patriotismo galego exemplar, sobre todo na defensa do idioma, ao que cualificaba como "fala de reis". Colaborou en Revista Gallega. Ingresou na Real Academia Galega en 1921[1]coa lectura do discurso Pondal e a súa obra[2].

Casou con Josefa de la Maza Agar, filla de Ramón María de la Maza Quiroga.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Estas obras, xunto con outra inédita, As toupas do Pindo, forman un conxunto caracterizado polo ton satírico e a defensa do idioma.

  • Landras e bayas, 1919, El Noroeste, A Coruña.
  • Andeiro. Poema histórico-brigantino da Unión Ibérica (século XIV), 1922, A Coruña.
Landras e bayas.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Ensaios xurídicos

[editar | editar a fonte]
  • El laudemio, su legislación y jurispridencia hasta el año 1898, 1899, A Coruña.
  • Manual de los Consejos de Agricultura, Industria y Comercio.
  1. "Evaristo Martelo Paumán del Nero". Real Academia Galega. 
  2. Martelo Paumán, E. (2015). Pondal e a súa obra. A Coruña: Real Academia Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]