Diego Sarmiento de Acuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Sarmiento de Acuña
Conde de gondomar.jpg
Nacemento1 de novembro de 1567
 Astorga
Falecemento2 de outubro de 1626
 Haro
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático
editar datos en Wikidata ]

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estatua en Gondomar, coa lenda:
"Don Diego
Sarmiento
de Acuña
1er Conde de
Gondomar
Diplomático
Defensor
das letras
e Amante
de Galicia."
.

Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, correxedor de Toro e Valladolid e notario maior de Toledo.

Trato coa coroa española[editar | editar a fonte]

Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador de Filipe III (e trala súa morte, do seu fillo Filipe IV) en Inglaterra. Neste labor gañou a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.

En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co respaldo do Consello de Estado.

Posicionamentos verbo do Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

Foi membro deste consello dende 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia en 1625 mais non chegou a tomar posesión.[1]

Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Esta reclamación conseguiuse en 1622 grazas ao seu labor persuasivo ante Filipe IV. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sufría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.

Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.

As cartas[editar | editar a fonte]

Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan dirixidas a el en galego, porque os destinatarios sabían que o conde tiña en estima esta lingua. En total, foron publicadas dez cartas en galego no proxecto Gondomar[2] , dos seguintes remitentes (ordenadas cronoloxicamente):

Pedro Obeso de Oriona              1596

Lope Gallo de Avellaneda           1596

Juan de Lanzós y de Andrade     1598

María Moscoso y Sotomayor       1604

Sanjuan de Amorín                    1605

Diego Sarmiento de Sotomayor  1605, 1605

Beatriz da Serra                           1603 1603

Rodrigo Moscoso y Sandoval     1619

De enpregarme en causas de seu serviço con muyta certeça que ninguen con tanta vontade como eu aservirá, que en miña conciança que, quando eu non tibera a obrigaçon que o mundo save pola nobreça que en Vmd ("vosa mercede") coñeço o fijera A esos meus señores seus fillos de Vmd e primos meus ueyjo infinitas ueçes as mans e deus os faga en todo seus fillos de Vmd e de miña senara Dona Costança. A quens garde noso señor como eu seu criado desejo. Çamora, oje, sabado. Seu sobriño de Vmd. Don Juan de Lanços y de Andrade'
— Ano 1598. Carta en galego remitida a Diego Sarmiento de Acuña

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  2. "Rosario Álvarez / Ernesto González Seoane (eds.) (2017), Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.gal/gondomar/> [Consultado: data].".  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  3. No libro "Retratos de Españoles ilustres, con un epítome de sus vidas, en la Imprenta Real de Madrid, siendo su regente D. Lázaro Gayguer, 1791."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Maseda Maseda, Francisco Fidel, Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, 2011, Biblos, ISBN 978-84-15-08613-0.
  • Álvarez Blanco, Rosario; Rodríguez Montederramo, Xosé Luís: "Escrita epistolar en galego: a correspondencia de Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar (1567-1626)", Boletín da Real Academia Galega  365, 2004:253-291 (I); 366, 2005:225-303 (II).
  • Manso Porto, Carmen. Artigo: "GONDOMAR, Conde de" da Gran Enciclopedia Galega.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]