Fernando Cortés Bugía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Cortés Bugía
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , mestre , debuxante , pintor , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1931–)
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1916–) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresRomán Navarro e Isidoro Brocos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.[1]

Ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Román Navarro e Isidoro Brocos. En 1907 converteuse en auxiliar meritorio. En 1916 obtivo a praza de profesor de ascenso, de modelado e baleirado, e en 1921, a de profesor de termo da escola. O 30 de abril de 1931 ascendeu a director do centro e a honorario deste en 1945, ano no que se xubilou. Ilustrou libros, álbums e programas de festas e colaborou en La Voz de Galicia debuxando temas de actualidade e paisaxísticos. En 1909 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e o 27 de xullo de 1941, numerario. Pertenceu á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e á Comisión Provincial de Monumentos.

Membro da agrupación socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, pero renunciou ao cargo unha semana despois do seu nomeamento.

Obras[editar | editar a fonte]

É autor dos bustos de Eduardo Pondal e Manuel Murguía, emprazados nos xardíns de Méndez Núñez coruñeses; as placas de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Lugrís Freire (Sada) e Leiras Pulpeiro (Mondoñedo). Tamén da placa conmemorativa dos irmáns García Naveira, en Betanzos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]