Carlos Otero Díaz
Carlos Otero Díaz | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1932 |
Lugar de nacemento | Chantada |
Falecemento | 19 de marzo de 2005 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | economista |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Gilberto Otero Díaz, nado en San Fiz de Asma (Chantada) o 30 de xaneiro de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 2005,[1], foi un economista e político galego. En 1982 foi nomeado primeiro Conselleiro de Economía e Finanzas da Xunta de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956) licenciándose con premio extraordinario. Entre outros sitios viviu en Madrid e Italia, regresando a Santiago de Compostela no 1966 para asumir a cátedra de Economía Política, Facenda Pública e Dereito Fiscal.
Formou parte do primeiro goberno autonómico, en 1982 aceptou o cargo de conselleiro de Economía no executivo de Xerardo Fernández Albor. Novamente o 6 de novembro de 1986 foi nomeado titular de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
O 28 de febreiro de 1991 entrou a formar parte do Consello de Contas e posteriormente foi nomeado como Conselleiro Maior.
Predecesor: Ninguén |
![]() Conselleiro de Economía, Facenda e Comercio 1982-1984 |
Sucesor: Carlos Mella |
Predecesor: Xosé Antón Orza |
![]() Conselleiro de Economía, Facenda e Comercio 1986-1987 |
Sucesor: Fernando Salgado García |
Predecesor: Ninguén |
![]() Conselleiro maior do Consello de Contas 1991-2000 |
Sucesor: Luciano Fariña Busto |
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Medalla de ouro da Universidade de Santiago de Compostela.
- Medalla Castelao (2001).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Carlos Otero Díaz, economista, catedrático y ex consejero de la Xunta"; necrolóxica de Xosé Hermida en El País, 22 de marzo de 2005 (en castelán).