Luis Moure Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luís Moure Mariño")
Luis Moure Mariño
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Datos persoais
Nacemento 1915
Lugar Escairón, O Saviñao, Galicia Galicia
Falecemento 6 de novembro de 1999
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Castelán e galego
Xéneros Ensaio, novela
Estudos Dereito

Luis Moure Mariño ou Luis Moure-Mariño, nado en Escairón en 1915 e falecido na Coruña o 6 de novembro de 1999[1], foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudante de Dereito en Madrid, cando estourou a guerra civil en xullo de 1936 Moure Mariño militaba na Falange Española[2] e incorporouse como propagandista do bando franquista, colaborando en Azul. Despois desprazouse a Burgos, onde Franco montara a capital dos sublevados. Ao remate da guerra seguiu estudando dereito, pero continuou tamén os seus labores como xornalista. Foi profesor axudante de dereito político en Madrid ata que regresou a Galicia como notario.

De ideoloxía conservadora, colaborou en numerosos xornais galegos como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Tamén foi cronista oficial da vila de Monforte.

En 1990 foi condecorado coa medalla Castelao, decisión moi polémica para algúnsQuen? polo seu pasado falanxista.

Obra[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

Como escritor publicou a maior parte da súa obra en castelán: ensaios como Perfil humano de Franco (1938), Galicia en la guerra (1939), La desigualdad humana (1983), La generación del 36: Memorias de Salamanca y Burgos (1989), Ultimas cartas de amor (1992), novelas como Fantasías reales : memorias de un protocolo (1961), traducido ao galego en 1983 como Fantasías reais : almas dun protocolo, e relatos como La corona de fuego y otras historias (1991).

En galego[editar | editar a fonte]

En 1970 publicou o seu primeiro libro en galego, Sempre matinando ao que seguiron en 1980 Arredor da lareira (Edicións do Castro) e en 1990 Un feixe de contos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu irmán, Pablo Moure Mariño, foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1985.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://vello.vieiros.com/gterra/antiga.php?Ed=7&id=4643
  2. Núñez Seixas, Xosé Manoel. ¿Fuera el invasor!, Marcial Pons, 2006