Roberto Tojeiro Rodríguez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | setembro de 1961 As Pontes de García Rodríguez |
| Actividade | |
| Ocupación | empresario |
| Familia | |
| Pai | Roberto Tojeiro Díaz |
| Premios | |
| |
Roberto José Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Roberto Tojeiro Díaz. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. É presidente e conselleiero delegado do Grupo Gadisa. Foi un dos principais impulsores de Reganosa e tamén é presidente e conselleiro delegado do grupo IFA e ocupa postos de responsabilidade en consellos de administración de varias empresas e en Novagalicia Banco.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a Medalla Castelao en 2011.
