Ramón García Briones
Ramón García Briones | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1912 |
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa |
Falecemento | 11 de maio de 1991 |
Lugar de falecemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | economista, arquitecto, avogado e xornalista |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou como auxiliar administrativo interino na Junta de Obras del Puerto de Vilagarcía de Arousa. Participou da actividade cultural de Vilagarcía e foi amigo de Aquilino Iglesia Alvariño, Celestino Noya ou Luís Viñas Cortegoso.[1] Colaborou nos xornais La Noche, El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e nas revistas Vida Marítima, La Estafeta Literaria e Revista de Economía de Galicia. En 1975 participou na Asamblea Democrática de Arousa.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
- Plan Comarcal Compostela.
- Jesús el Gallego y otros relatos.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu o Premio Pérez Lugín polos seus artigos literarios na prensa diaria e o Premio Enrique Lorenzo. Recibiu a Medalla Castelao en 1987.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O faiado da memoria, Aquilino e Daniel
- ↑ La Voz de Galicia, Arousa, 2-7-2000, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pequena biografía en Xornalistas na Historia de Vilagarcía de Arousa Arquivado 03 de maio de 2016 en Wayback Machine.