Miguel Ángel Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Ángel Blanco
Nome completoMiguel Ángel Blanco Garrido
Nacemento13 de maio de 1968
Lugar de nacementoErmua
Falecemento13 de xullo de 1997
Lugar de falecementoLasarte-Oria
SoterradoFaramontaos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónpolítico
IrmánsMaría del Mar Blanco
Na rede
Find a Grave: 9982888 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Blanco Garrido, nado en Ermua (Biscaia), o 13 de maio de 1968 e finado en Lasarte o 13 de xullo de 1997, foi un político do PP secuestrado e asasinado por ETA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de galegos de Xunqueira de Espadanedo, licenciouse en Económicas na Universidade do País Vasco. En 1995 afiliouse a Nuevas Generaciones, as mocidades do Partido Popular. Nas eleccións municipais dese ano presentouse nas listas do seu partido no concello de Ermua, e saíu elixido concelleiro.

Blanco foi secuestrado por ETA ás catro da tarde do xoves 10 de xullo de 1997. A pesar das diversas manifestacións que se produciron en España para pedir a súa liberación, a tarde do sábado 12 de xullo, dous días despois, apareceu nun monte con dúas feridas por arma de fogo na cabeza. Faleceu horas despois, na madrugada do 13 de xullo.

Logo da súa morte acuñouse o termo Espírito de Ermua e creouse nese mesmo ano a Fundación Miguel Angel Blanco, presidida pola irmá e promovida por Radio Televisión Española, que doou para a súa creación os ingresos obtidos nun programa de homenaxe.

Xuízo[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2006 foron condenados Francisco Javier García Gaztelu (alias Txapote) e a súa parella Irantzu Gallastegui (alias Amaia) a 50 anos de prisión polo secuestro e asasinato[1].

Notas[editar | editar a fonte]