María López Sández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María López Sández
María López Sández (8163482791).jpg
Nome completoMaría López Sández
Nacemento17 de setembro de 1973
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga
PremiosPremio Ramón Piñeiro de Ensaio e Premio Narrativa Breve Repsol
editar datos en Wikidata ]

María López Sández, nada en Lugo en 1973, é unha filóloga e ensaísta galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada por esta universidade coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego ("Cantares gallegos", "Arredor de si" e o ciclo textual de "Tagen Ata"). Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia.[2] Impartiu docencia no ensino secundario (IES Xulián Magariños de Negreira),[3] sendo tamén profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC.[4] O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, así como no estudo da cartografía como semiótica do espazo.[5]

É autora de artigos e estudos sobre Rosalía de Castro (Rosalía e a paisaxe galega, Os efectos da aculturación en “El cadiceño” de Rosalía de Castro”). Participou en Congresos Internacionais con relatorios sobre Rosalía (O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, novas perspectivas de análise).[6]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María López Sández". www.aelg.gal. Consultado o 2019-05-19. 
  2. "PoesiaGalega: María López Sández". web.archive.org. 2011-05-19. Consultado o 2019-05-19. 
  3. "María López Sández". www.ub.edu (en inglés). Consultado o 2019-05-19. 
  4. "Horario do profesor - Facultade de Ciencias da Educación - USC". www.usc.es. Consultado o 2019-05-19. 
  5. "Galaxia de autores". web.archive.org. 2012-06-29. Consultado o 2019-05-19. 
  6. "María López Sández". mar.maior.com (en castelán). Consultado o 2019-05-19. 
  7. "Catálogo de libros: Ficha dun libro". web.archive.org. 2012-06-29. Consultado o 2019-05-19. 
  8. "A forma das nubes". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-19. 
  9. "María López Sández: La forma de las nubes". Libros Prohibidos (en castelán). 2016-04-13. Consultado o 2019-05-19. 
  10. "O faro escuro". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-19. 
  11. "María López Sández recibiu o VI Premio de Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. 2012-12-18. Consultado o 2019-05-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]