Ramón Nicolás
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ramón Nicolás | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1966 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | profesor, escritor, tradutor e crítico literario |
Xéneros | Ensaio e tradución |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións. Desde hai anos exerce a crítica semanalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia.
Desde 2011 é patrono da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo) e dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. Asemade é ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Mantén, desde 2010, un dos blogs literarios máis veteranos de Galicia, como é o Caderno da crítica. Literatura galega.
Obra[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- O soño sulagado. Guía de lectura, 1992, Edicións do Cumio.
- Diccionario dos verbos galegos, 1993, Edicións do Cumio.
- Manuel Luís Acuña, 2000, Xerais.
- Papeis de literatura. Dez anos de revisión crítica, 2001, Xerais.
- Manuel Lugrís Freire. Biografía e antoloxía, 2006, Xerais.
- Manuel Lugrís Freire. Vida e obra, 2006, Xerais.
- Conversas con Celso Emilio Ferreiro, 2009, Xerais.
- Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, 2012, Xerais.

Narrativa[editar | editar a fonte]
Edicións[editar | editar a fonte]
- Entrevistas a Álvaro Cunqueiro, 1994, Nigra.
- Materia prima, 2002, Xerais.
- Derradeira escolma ferida, de Manuel Lueiro Rey, 2003, Xerais.
- O sol na crista do galo, de Manuel Lueiro Rey, 2003, Xerais.
- Celso Emilio Ferreiro: Poesía galega completa, 2004, Xerais.
- Celso Emilio Ferreiro: Semblanzas, crónicas e artigos, 2005, Xerais.
- O Grove: canción do sal e do vento, de Manuel Lueiro Rey, 2005, Xerais.
- Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética, 2008, Faktoría K.
- Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora, 2008, Ouvirmos.
- Non debían medrar, de Manuel Lueiro Rey, 2016, Xerais.
- Novas crónicas dunha transición intransixente (1977-1988), de Manuel Lueiro Rey, 2016, Laiovento.
- Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía, 2017, Real Academia Galega.[1]
Traducións[editar | editar a fonte]
- Unha odisea nórdica, de Jack London, 1995, Sotelo Blanco.
- Cairo branco, de Jack London, 1997, Xerais.
- O fillo do acordeonista, de Bernardo Atxaga, 2004, Xerais.
- A fin da terra, de María Rosa Lojo, 2006, Galaxia.
- Se eu fose moi delgado, de António Mota, 2006, Kalandraka.
- Antología de poesía gallega 1, 2 = Antoloxía de poesía galega 1, 2, 2007, Xunta de Galicia. Edicións bilingües galego-castelán.
- Comandante Hussi, de Jorge Araújo, 2007, Kalandraka.
- Budapest, de Chico Buarque, 2008, Faktoría K.
- Obabakoak, de Bernardo Atxaga, 2008, Faktoría K.
- Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga, 2009, Faktoría K.
- 30 gramos, de Leonel Moura, 2010, Alvarellos.
- Catálogo de obxectos rebuldeiros, de Pablo Prestifilippo, 2011, Faktoría K.
- Mefi, Sata e Demi, de Mercedes Neuschäfer-Carlón, 2011, Kalandraka.
- A modelo descalza, de Jordi Sierra i Fabra, 2011, Galaxia.
- A revolta dos indignados, de varios autores, 2011, Faktoría K.
- Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán, 2011, Faktoría K. Con Jarna Piippo.
- Contos como pulgas, de Beatriz Osés, 2012, Kalandraka.
- A guia necsia: de marcas, misterios, sucesos incribles, inventos e outras marabillas, de David Wapner, 2013, Faktoría K de Libros.
- Legado nos ósos, de Dolores Redondo, 2013, Xerais.
- Debuxos no muro, de Aurora Ruá, 2014, Galaxia.
- Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, 2014, Xerais.
- Os fíos invisibles", de Montse Torrents, 2015, Tramuntana.
- O neno bisesto", de José Luís Alonso de Santos, 2015, Kalandraka.
- A miña grande árbore", de Jacques Goldstyn, 2016, Tramuntana.
- A árbore dos soños, de Fernando Alonso, 2018, Kalandraka.
- Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade, de Antonio Lozano, 2018, Kalandraka.
- Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, 2018, Kalandraka.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Fírgoas, de Manuel Luís Acuña, 1992, Xerais. Coeditor con Xosé Carlos López Bernárdez.
- Diccionario da literatura galega. I Autores, 1995, Galaxia.
- Johan de Cangas, Martín Codax. Meendinho. Unha fotobiografía, 1998, Xerais.
- As aventuras da mazá vermella, de Jan Lööf, 2008, Kalandraka. Tradución con Jarna Piippo.
- Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora, 2008.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Editorial Toxosoutos.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- Manuel Lueiro Rey (1916]-1990), 2013, Xerais.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio á cooperación editorial de Xerais no 2004.
- Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Crítico/a literario no 2008, 2009, 2010 e 2011.
- Premio Fervenzas Literarias á mellor tradución no 2009, por Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga.
- Premio Lois Tobío á mellor tradución pola Asociación Galega de Editores no 2011, por 30 gramos, de Leonel Moura.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria en xornalismo cultural no 2011.
- Premio á mellor obra non literaria en galego do 2012 en Redelibros, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
- Premio da AELG ao mellor blog literario do 2012, por Caderno da crítica.
- Premio da AELG ao mellor ensaio do 2012, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
- Premio Antón Losada Diéguez de ensaio no 2013, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2013.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2013, por Caderno da crítica.
- Premio da AELG ao mellor blog literario do 2013, por Caderno da crítica.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2014, por Caderno da crítica.
- Premio da AELG ao mellor blog literario do 2014, por Caderno da crítica.
- Entrada na Lista de Honra do IBBY en 2015 e 2016 da tradución de Bisa Bea, Bisa Bel, de Ana Maria Machado.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog/web literaria de 2017, por Caderno da crítica.
- Premio "Proxecto literario da rede 2017" ao blog Caderno da crítica, na III Gala do Libro Galego.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Nicolás ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Nicolás Rodríguez, Ramón". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 19.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do autor na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.
- Caderno da crítica. Literatura galega, blog de Ramón Nicolás.
- Ramón Nicolás na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.