Xerardo Fernández Albor
Xerardo Fernández Albor | |
Xerardo Fernández Albor no 2012. |
|
|
|
---|---|
22 de xaneiro de 1982 – 26 de setembro de 1987 | |
Vicepresidente | José Manuel Romay Beccaría, Xosé Luís Barreiro Rivas e Mariano Rajoy Brey |
Precedido por | Xosé Quiroga Suárez (Presidente da Preautonomía) |
Sucedido por | Fernando González Laxe |
Datos persoais
|
|
Nacemento | 7 de setembro de 1917 (100 anos) Santiago de Compostela, Galicia |
Partido | Partido Popular de Galicia (PPdeG) |
Profesión | Médico e político |
Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917, é un político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Os seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban o Hotel Estrella en Santiago de Compostela.[1]
En 1936, durante a guerra civil española, foi chamado a filas polo bando nacional. Foi enviado ás frontes de Brunete e Belchite cando xa estaban case pacificadas, e despois embarcou no buque Baleares, que abandonou antes do seu afundimento. En 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. A súa promoción, chamada 9ª bis, titulouse o 26 de febreiro de 1939.[2]
Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos.
Tivo unha única irmá, falecida en 2009.[3]
Vida política[editar | editar a fonte]
En 1981 encabezou como independente a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia, tras ingresar en AP Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia.
En 1984 explicou no Parlamento de Galicia o seu encontro en Portugal o 6 de xullo dese ano con contrabandistas galegos en Vila Nova de Cerveira[4].
O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.
Predecesor: Xosé Quiroga Suárez |
![]() Presidente da Xunta de Galicia 1981 - 1987 |
Sucesor: Fernando González Laxe |
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Correo hace 25 años, artigo en El Correo Gallego o 31 de marzo de 2009 (en castelán).
- ↑ Fernández Santander, C. (2000): '‘Alzamento e Guerra Civil en Galicia (1936-1939)’'. Edicións do Castro.
- ↑ Pesar por la muerte de Josefina Fernández Albor, El Correo Gallego, 26/4/09
- ↑ Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, 27 de novembro de 1984.
- ↑ Maceiras: "Por mérito propio, Albor es ya pobrense ilustre", El Correo Gallego, 30/10/2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2011): "Fernández Albor, Xerardo" en DICCIONARIO BIOGRÁFICO ESPAÑOL, Madrid: Real Academia de la Historia.
- RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2009): O triunfo do galeguismo. Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Editorial Dykinson.
- RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |