Saltar ao contido

Xosé Lois González Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Lois González Vázquez
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 131464 BNE: XX929804 BUSC: 981013406649207712 Tebeosfera: gonzalez_vazquez_xose_lois

Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia era de Osmo (Cenlle) e alí pasou a súa infancia, ata que aos dez anos muda para Chantada[1]. Estudou na universidade laboral de Zamora e logo fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid, en 1968. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009,[2] labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.

Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.

Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: Humor gráfico galego, Os humoristas e a lingua ou Humor y tolerancia, From Galicia with humor, Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricatura de Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.

O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo de 26 capítulos dun minuto de duración. O Carrabouxo que ten unha estatua no parque de San Lázaro en Ourense e deu nome a algúns locais de hosterlería.[3]

Obra publicada en formato de libro

[editar | editar a fonte]

Humor gráfico

[editar | editar a fonte]
  • Ano e pico de Carrabouxos
  • 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense)
  • Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra)
  • Humor gráfico.
  • Xosé Lois na transición (Universidade de Vigo).
  • 400 Carrabouxos mais
  • Carrabouxos 90
  • 20 anos de Carrabouxo
  • Veña Carrabouxo!
  • A Sabeliña
  • 318 chistes de Xosé Lois

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Xosé Lois González, Humorista e enxeñeiro técnico de telecomunicacións: Estiveron un ano insistíndome en que fora candidato á Alcaldía Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 1/6/08
  2. ↑ "Adiós a 36 años de 'odisea' profesional". La Región (en castelán). 2009-04-25. Consultado o 2020-04-22.
  3. ↑ adminAgpi (2022-12-05). "40 anos do Carrabouxo". AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Consultado o 2026-03-07.
  4. ↑ Decreto 118/2008, de 12 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao (DOG nº 116, do 17 de xuño de 2008).
  5. ↑ "Xosé Lois O Carrabouxo recibe o premio RiR en Allariz". culturagalega.gal. 2025-09-08. Consultado o 2026-03-07.
  6. ↑ Redacción (2026-03-07). "Xosé Lois González "O Carrabouxo" galardoado co premio "Celanova, Casa dos Poetas"". Nós Diario. Consultado o 2026-03-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]