Eduardo Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Chao, Ministro de Fomento, nun gravado de La Ilustración Española y Americana de 1873.

Eduardo Chao Fernández, nado en Ribadavia o 6 de novembro de 1822 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1887, foi un xeólogo, naturalista, xornalista, historiador e político galego do Partido Democrático.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisca Fernández e do farmacéutico e científico liberal José María Chao Rodríguez, socio da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1834) e catedrático de Farmacia Experimental na súa Universidade desde 1840, perseguido sen tregua desde a caída do sistema liberal en 1823 polo xeneral absolutista Nazario Eguía e preso ata o ano 1829, en que foi liberado con certas condicións.

Estudou as primeiras letras e a secundaria en Vigo, e despois na Universidade de Santiago de Compostela; marchou a Madrid a estudar Ciencias Naturais e traballou, ao igual que o seu pai, como profesor de Farmacia. Alí colaborou na prensa demócrata: El Argos, El Espectador (1847), El Guindilla (1848), El Huracán (1848), e máis tarde en El Murciélago (1853), El Látigo (1854), El Eco de las Barricadas (1854), El Crédito (1858) etcétera. Foi sometido a vixilancia pola súa participación nos conatos revolucionarios de 1848. Tamén interviu activamente na Revolución de 1854 e aceptou un posto de oficial no Ministerio de Gobernación, pero dimitiu ao ver frustrados os propósitos da revolución.

Foi deputado por Ourense (1854) nas Cortes que non chegaron a aprobar unha nova constitución. Escribiu nos periódicos madrileños Revista Químico-Farmacéutica (1850-1851) e La Discusión (1856) e dirixiu El Crédito (1858-1865) e El Correo de España (1862), dedicado especialmente ás cuestións de Ultramar. Dirixiu, tamén, os dous volumes do Diccionario enciclopédico de la lengua española (Madrid: Gaspar y Roig, 1853 e 1855) e Los tres reinos de la naturaleza, unha xigantesca enciclopedia de ciencias naturais en nove volumes (1853-1858).

Cando trunfou a Revolución de 1868 foi nomeado membro da Xunta directiva de Telégrafos e despois director xeral, pero volveu renunciar ao seu posto ao ver ao seu partido aínda moi lonxe do poder. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ourense en 1869 e por Vigo en 1871 e 1872. Foi elixido senador polas provincias de Alacant, Barcelona e Xirona en 1872, optando por Xirona. Proclamada a República en 1873, volveu ser elixido deputado por O Carballiño, Ponteareas e Vigo (optou polo distrito de Vigo), foi ministro de Fomento no Goberno republicano presidido por Nicolás Salmerón (1873) e redactou con el un Proyecto de bases de la constitución republicano-federal de España (1873). O seu breve labor no ministerio foi intensa, creou a comisión do Mapa Xeolóxico da Península Ibérica dirixida polo xeneral Ibáñez de Ibero e a Xunta do Canal Imperial de Aragón, organizou as Xuntas de Portos, procurou descentralizar os servizos de obras públicas e ditou varias disposicións sobre estradas e inspección de ferrocarrís. Impulsou un Plan Xeral de Instrución Pública elaborado por Juan Uña, director xeral desa materia, baixo a inspiración das ideas do krausista Francisco Giner de los Ríos. Fundou a Biblioteca Ilustrada Gaspar y Roig e a Biblioteca del Hombre libre, da súa propiedade.

Como historiador propúxose continuar ata 1849 coa sección "Historia contemporánea" a Historia general de España (1601) do xesuíta manchego Juan de Mariana, xa anteriormente continuada por José Manuel Miñana, o Conde de Toreno e Antonio Cánovas del Castillo (1848). Incluía neste traballo histórico, entre outras críticas ao monarquismo, a súa tendencia ao centralismo, que fixo impoñer en Madrid a capital do Estado e a súa abolición da foralidade. No momento do seu pasamento, estaba designado para dirixir o periódico La Justicia.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Razones de España para la Revolución de septiembre, 1840.
  • Los republicanos y la época, Madrid, imprenta do «Archivo militar», 1842.
  • Tratado de mineralogía.
  • Historia de la vida militar y política de Martin Zurbano (1846).
  • "Prólogo" a Baldomero Espartero, Páginas contemporáneas, Madrid, D. Julián Saavedra y Compañia 1846.
  • La Guerra de Cataluña, historia contemporanea de los acontecimientos que han tenido lugar en el Principado desde 1827 hasta el dia, con las biografias de los principales personajes, carlistas y liberales, redactada por oficiales que fueron actores o testigos de los acontecimientes, bajo la direccion de D. Eduardo Chao. Madrid: B. Gonzalez, 1847.
  • "Historia contemporánea" en Juan de Mariana e outros, Historia general de España. La compuesta, la enmendada y añadida por el Padre Mariana, con la continuación de Miñana, completada con todos los sucesos que comprenden el escrito clásico sobre el reinado de Carlos III, por el conde de Floridablanca, la historia de su levantamiento, guerra y revolución por el conde de Toreno, y la de nuestros días, por Eduardo Chao, enriquecida con notas históricas y críticas, biografías, una tabla cronológica de los sucesos más notables, y un índice general para su más fácil investigación y metódico estudio. Cinco volúmenes en folio, de los cuales el IV y el V son escritos por el Sr. Chao, comprendiendo desde el reinado de Felipe III (1598) hasta el año de 1848.... Madrid: Gaspar y Roig Editores, 1848, 5 vols. Houbo edicións económicas na colección da que era propietario Eduardo Chao en Gaspar y Roig.
  • Cuadros de la geografia histórica de España desde los primeros tiempos históricos hasta el díades: con varios mapas de las diversas dominaciones, obra auxiliar á todas las historias de España (Madrid: Imprenta de D. Tomas Fortanet M. Ruano y Compañía, 1849).
  • Diccionario de la política. Enciclopedia de la lengua y de la ciencia políticas y de todos los sistemas societarios: coleccion de artículos especiales y extractos de las obras y discursos de Montesquieu, Rousseau, Benjamin Constant... aumentada con... mas de 600 artículos originales, Madrid, 1849. Con Antonio Romero Ortiz e Manuel Ruiz de Quevedo.
  • Los tres Reinos de la Naturaleza. Museo pintoresco de Historia Natural, descripción completa de los animales, vegetales y minerales útiles y agradables; su forma, instintos, costumbres, virtudes y aplicaciones a la Agricultura, la Medicina y las artes en general, comprendiendo mayor número de géneros que en todas las obras publicadas hasta el día, con un tratado de Geología y un bosquejo histórico de los progresos de las ciencias naturales; obra arreglada sobre los trabajos de los más eminentes naturalistas de todos los países, Buffon etc. con todos los descubrimientos posteriores hasta el día, por una Sociedad de profesores, bajo la dirección de Eduardo Chao e ilustrada con una magnífica colección de láminas en vista del natural y los planos del Gabinete de Historia Natural y del Jardín Botánico de Madrid. Madrid, Imprenta de Gaspar y Roig, 1852-1853, 2 vols.
  • Director do Diccionario enciclopédico de la lengua española: con todas las vozes, frases, refranes y locuciones usadas en España y las Américas españolas, en el lenguaje común antiguo y moderno; las de ciencias, artes y oficios; las notables de historia, de biografía, de mitolojía y geografía universal, y todas las particulares de las provincias españolas y americanas. Madrid: Gaspar y Roig, 1853-1858, 9 vols. I-VII: Zoología; VIII, Botánica; IX, Mineralogía.
  • La Ostricultura en Galicia. Creación de una riqueza millonaria en las costas de Galicia. Vigo, imprenta de J. Compañel, 1865.
  • Proyecto de ley contra la excesiva división de la propiedad y del suelo en Galicia. Madrid, imprenta y litografía de González, 1873.
  • Proyecto de bases de la constitucion republicano-federal de España presentado a la Asamblea Federal en 1872.... Madrid, 1873 (2.ª ed.). Con Nicolás Salmerón.
  • Necesidades del porvenir en Vigo. E. Rubiños, 1881.
  • Defensa del proyecto del puerto comercial de Vigo, que estudió D. Melitón Martín. Madrid, imprenta de El Correo, 1883.
  • Resumen de la controversia sobre el proyecto de puertos comercial de Vigo, que estudió D. Melitón Martín, hecho para conocimiento de la Junta Consultiva de Caminos, Canales y Puertos, Madrid: Enrique Rubiños, 1884.
  • El ferro-carril y el puerto de Vigo, Madrid,[s.n.], 1883.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Manuel Ossorio y Bernard, Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX, Madrid, 1904, p. 99.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]