Biblioteca Galega 120

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega.

Descrición[editar | editar a fonte]

O acto de presentación, por parte de Santiago Rey Fernández-Latorre, acompañado polo presidente do Consello da Cultura Galega Carlos Casares Mouriño e o presidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro Fernández, tivo lugar o 4 de xaneiro de 2002. Dirixida por Tucho Calvo, foi distribuída por La Voz de Galicia nos anos 2002-2003,[1] co gallo do 120 aniversario da fundación do xornal.

Autores e títulos da colección:[2]

Lombos dalgúns exemplares da biblioteca.

*: Crítica e autores I
*: Crítica e autores II
1: César Morán: Antoloxía lírica medieval
2: Martín Sarmiento: Coloquio e mil duascentas coplas galegas
3: Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega
4: Rosalía de Castro: Follas novas
5: Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra
6: Marcial Valladares: Maxina ou a filla espuria
7: Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos
8: Valentín Lamas Carvajal: O catecismo do labrego
9: Antonio López Ferreiro: A tecedeira de Bonaval
10: Francisco A. de Nóvoa: Pé das Burgas
11: Antón Vilar Ponte: A patria do labrego e Almas mortas
12: Manuel Leiras Pulpeiro: Cantares gallegos
13: Ramón Cabanillas: Da terra asoballada
14: Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno
15: Henrique Labarta Pose: O tío Miseria e outros contos
16: Luís Amado Carballo: Proel e O galo
17: Manoel Antonio: De catro a catro
18: Vicente Risco: O porco de pé
19: Xosé Lesta Meis: Abellas de ouro
20: Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si
21: Manuel García Barros: Contiños da terra
22: Manuel Luís Acuña: Fírgoas
23: Fermín Bouza Brey: Nao senlleira e Seitura
24: Alfonso R. Castelao: Sempre en Galiza (I)
25: Alfonso R. Castelao: Sempre en Galiza (II)
26: Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros verdes
27: Ricardo Carballo Calero: A xente da barreira
28: Manuel Cuña Novás: Fabulario novo
29: Luís Seoane/Paz-Andrade: Fardel de eixilado/Pranto matricial
30: Manuel María: Terra Chá
31: Eliseo Alonso: Contos do Miño
32: Álvaro Cunqueiro: As crónicas do sochantre
33: Ánxel Fole: Terra brava
34: Uxío Novoneyra: Os eidos
35: Gonzalo R. Mourullo: Memorias de Tains
36: Eduardo Blanco Amor: A esmorga
37: Luís Pimentel: Sombra do aire na herba
38: Xosé Díaz Castro: Nimbos
39: Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego
40: Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
41: Xaquín Lourenzo: Os oficios
42: Antón Tovar: Arredores
43: C. Fernández de la Vega: O segredo do humor
44: Bernardino Graña: Profecía do mar
45: Xosé Luís Franco Grande: Entre o si e o non
46: Salvador García-Bodaño: Ao pé de cada hora
47: Daniel Cortezón: Prisciliano
48: Xohana Torres: Adiós María
49: Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva
50: José María Castroviejo: Memorias dunha terra
51: Euloxio Ruibal: Zardigot
52: Xosé María Álvarez Blázquez: Canle segredo
53: Arcadio López-Casanova: Mesteres
54: Alfonso Pexegueiro: Seraogna
55: Anxo Rei Ballesteros: Dos anxos e dos mortos
56: Xoán Ignacio Taibo: Homes de ningures
57: Francisco Taxes: O velorio
58: Carlos Casares: Os escuros soños de Clío
59: Xavier Alcalá: Fábula
60: Camilo Gonsar: Cara a Times Square
61: Manuel Lueiro Rey: O sol na crista do galo
62: X. Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra
63: Alfredo Conde: Xa vai o griffón no vento
64: Ramón Piñeiro: Filosofía da saudade
65: Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela
66: Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote
67: Miguel González Garcés: Poesía galega
68: Luz Pozo Garza: Códice Calixtino
69: Suso de Toro: Polaroid
70: Marina Mayoral: Unha árbore, un adeus
71: Xosé Antonio Perozo: O enigma de Embívicus
72: Miguel Suárez Abel: Turbo
73: Darío Xohán Cabana: Galván en Saor
74: María Victoria Moreno: Anagnórise
75: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 I
76: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 II
77: Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36
78: Agustín Fernández Paz: Contos por palabras
79: Xosé Luís Méndez Ferrín: Arraianos
80: Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor
81: Antón Avilés de Taramancos: Última fuxida a Harar
82: Ramón Caride Ogando: Soños eléctricos
83: María Xosé Queizán: Amor de tango
84: Xesús Rábade Paredes: Branca de Loboso
85: Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte
86: Víctor F. Freixanes: A cidade dos césares
87: Fran Alonso: Males de cabeza
88: Xurxo Borrazás: Criminal
89: Fina Casalderrey: O misterio dos fillos de Lúa
90: Xabier P. Docampo: Cando petan na porta pola noite
91: F. Fernández del Riego: Galicia
92: Arturo Lezcano: Os dados de Deus
93: Manuel Álvarez Torneiro: Habitante único
94: Raúl Dans: Lugar
95: Miguel Anxo Murado: Ruído. Relatos de guerra
96: Xesús Pisón: Venenos
97: Bieito Iglesias: Miss Ourense
98: Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?
99: Xesús Manuel Valcárcel: O capitán Lobo Negro
100: Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos
101: Xosé Miranda Ruíz: Morning Star
102: Anxo Angueira: Pensa nao
103: Xosé Cid Cabido: Grupo abeliano
104: Ramón Loureiro: O corazón portugués
105: Manuel Lourenzo: Veladas indecentes
106: Antón Riveiro Coello: A quinta de Saler
107: Vítor Vaqueiro: Os xenerais de África
108: Rodríguez (ed): 25 anos de poesía galega. 1975-2000 III
109: Tucho Calvo: O xabaril branco
110: Xosé Carlos Caneiro: Ébora
111: Domingo García Sabell: Paseata arredor da morte
112: Luís Rey Núñez: Expediente Artieda
113: Marilar Aleixandre: Unha presa de terra
114: Xesús Alonso Montero: As palabras do exilio
115: Vicente Araguas: A canción do verán
116: Xavier Queipo: Papaventos
117: Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi
118: Domingo Blanco: Poesía popular galega
119: Xesús Ferro Ruibal: Refraneiro galego máis frecuente
120: Cuba, Miranda e Reigosa: Antoloxía do conto de tradición oral

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Obtivo o Premio da Crítica Galicia á mellor iniciativa cultural na XXVI edición (ano 2003).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]