Julio Dávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Dávila
Almanaque Gallego, 1898, p. 56, Julio Dávila.jpg
Nacemento26 de agosto de 1871
 Ortigueira
Falecemento11 de xuño de 1971
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e escritor
XénerosEnsaio
editar datos en Wikidata ]

Julio Dávila Díaz, nado en Ortigueira o 26 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1971[1], foi un historiador, xeógrafo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Jesús Dávila Rivadeneira, perito agrimensor de quen herdou o interese polo estudo do medio físico.[2] Fixo os primeiros estudos e pasou a súa adolescencia na vila natal, e aos 18 emigrou a Arxentina. Primeiro a Concepción del Uruguay, cidade da provincia de Entre Ríos situada á beira do río Uruguay, e pouco despois, en 1893, cambiou a Buenos Aires, onde se dedicou ós negocios mercantís. En 1911 regresou a España e instalouse en Madrid. Volveu marchar á Arxentina en 1920, regresando definitivamente a España en 1927.

Julio Dávila foi un erudito de formación autodidacta que cultivou diversas áreas da cultura e da ciencia. Se ben a súa obra xeográfica é a máis destacada, fixo diversas colaboracións, sobre todo na prensa periódica sobre cuestións históricas, culturais e incluso filolóxicas. Colaborou nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu dende 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque Gallego, editado anualmente en Buenos Aires por Manuel Castro López (“Notas de Baamonde (Lugo)” en 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?” en 1915) e en La Voz de Galicia. No Boletín de la Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Tamén colaborou en periódicos locais como La Voz de Ortigueira, El Condado de Ortigueira e El Eco Ortegano.

Foi fundador, tesoureiro e secretario da Asociación Protectora da Academia Gallega de Buenos Aires, e, dende 1927, membro numerario da Real Academia Galega, tras ler o seu discurso de ingreso sobre a vida e obra de Benigno Teijeiro Martínez[1]. En 1943 foi nomeado Cronista Oficial de Ortigueira ao falecer o anterior cronista, Federico Maciñeira Pardo de Lama, historiador ortigueirés co que mantivo unha estreita relación de amizade e intelectual.[3]

O seu irmán Eusebio Dávila financiou a construción dun edificio para asilo de anciáns, existente aínda hoxe, se ben dependente da Xunta de Galicia, situado nas aforas de Ortigueira, na zona de Miñaño (Luama).

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Destino, 1897.
  • Al abrigo del ombú, 1914.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Ortigueira. Apuntes históricos y descriptivos de la villa y partido judicial de Santa Marta de Ortigueira, 1902. Buenos Aires, 179 páxs.
  • Vocabulario santamartés u ortigueirés. Crítica de críticas, 1903.
  • Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira, 1903 e 1904.
  • Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral, 1907. Colección de dezaseis artigos e un apéndice que continúa unha polémica suscitada nalgúns periódicos galegos entre 1902 e 1906.
  • Plano del partido de Ortigueira puesto al día, 1913.
  • Contribución para la historia de la comarca villalbesa, 1918.
  • Por tierras guaraníes, 1926.
  • La personalidad y la obra de Benigno Teijeiro Martínez, 1927.
  • Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira, 1931. A Coruña.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O pleno municipal de Ortigueira decidiu nomealo fillo predilecto do concello en 1928, acordo renovado en 1948.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Barrera, Feliciano, ed. (novembro de 2004). Hijos Predilectos y Adoptivos de Galicia (en castelán). Santiago de Compostela: Editorial Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 67-68. ISBN 84-8064-137-1. 
  2. Rosende, Anxo (1990). Limiar da Geografía Descriptiva de la Comarca de Ortigueira. Deputación da Coruña. 
  3. Breixo Rodríguez, X. Carlos (2014). "Don Federico Maciñeira e don Julio Dávila. Unha relación de amizade exemplar". Terras do Ortegal (1): 115–158. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]