Saltar ao contido

Fernando Ónega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Ónega
Biografía
Nacemento(es) Fernando Ónega López Editar o valor en Wikidata
16 de xuño de 1947 Editar o valor en Wikidata
Mosteiro Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 2026 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión Española
Atresmedia
Mediaset España Editar o valor en Wikidata
Interesado enAdolfo Suárez Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarisol Salcedo Editar o valor en Wikidata
FillosCristina Ónega, Sonsoles Ónega Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Ramón Ónega Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDiciopedia do século 21
Diccionario enciclopédico galego universal
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 159886 BNE: XX1306015 BUSC: 981013403220407712 Discogs: 13301121 Editar o valor en Wikidata

Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947 e finado en Madrid o 3 de marzo de 2026,[1] foi un xornalista galego.[2]

Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste. Dirixiu o xornal Ya, e os servizos informativos da Cadena SER e da COPE, e foi director xeral de Onda Cero Radio, así como presentador de Informativos Telecinco. Foi columnista de La Voz de Galicia e colaborador de El Progreso, así como de numerosos programas de radio e televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo do xuíz municipal José Ramón Ónega Lenza e Angelita López Lodos. Nos anos 70 foi xefe de prensa da Guardia de Franco e traballou no diario Arriba, órgano oficial da Falanxe, do que chegou a ser subdirector.[3] Tras a morte de Franco foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez,[4] quen se fixou nel despois de ler varios artigos seus no xornal falanxista.[5] Escribiu a maioría de discursos de Suárez, incluído o famoso "Podo prometer e prometo". Dimitiu a mediados de 1978 e volveu ao seu posto de subdirector de Arriba.[3]

Tamén en 1978 comezou a súa andaina na televisión ao pasar a dirixir o programa informativo Siete días, de TVE, ata 1979. Ese ano entrou na Cadena SER, facendo comentarios políticos no programa Hora 25. En 1980 dirixiu en TVE Revista de Prensa e foi nomeado Director de Relacións Externas da cadea, posto que ocupou ata 1981, cando foi nomeado director dos informativos da SER, en substitución de Iñaki Gabilondo, e coincidindo ademais co intento de golpe de Estado do 23-F.[6]

En 1985 pasou a dirixir o diario Ya e entre 1986 e 1990 foi director dos informativos da COPE.[7] Foi director de Onda Cero de 1992 ata 1993,[8] cando comezou a realizar análises políticos nos Informativos Telecinco, chamados por aquel entón Entre hoy y mañana, que presentaba o tamén galego Luis Mariñas. En marzo de 1993 presentou o programa matinal Los Periódicos[9] e meses despois pasou a presentar a edición nocturna dos informativos de Telecinco, e en 1994 a edición do mediodía. En 1997 fichou por Antena 3[10] e ata 1999 foi presentador de Antena 3 Noticias, primeiro na edición das 21 horas e logo na de madrugada.[11]

En xullo de 2000 volveu traballar como director de Onda Cero, ata a súa destitución en xaneiro de 2002.[12] En 2013 publicou unha biografía de Adolfo Suárez e dous anos despois outra sobre Xoán Carlos I. Dende 2019 é o presidente de 65ymas.com, un xornal centrado na actualidade das persoas maiores.[13]

Ademais ten colaborado habitualmente en xornais como La Vanguardia, El Progreso e La Voz de Galicia, e intervido como comentarista de actualidade en numerosos debates e programas de radio e televisión, como Saber vivir (2002-2009), 59 segundos (2005-2012) e El debate de la 1 (2012-2018), de TVE; ​El Programa de Ana Rosa (2005-2008) de Telecinco; Las mañanas de Cuatro (2007-2009) de Cuatro, Galicia por diante, da Radio Galega; Herrera en la onda (2004-2015), Más de uno (2015-) e La Brújula (2015), de Onda Cero. Dende agosto de 2009 tivo a súa propia sección no programa de TVE La mañana de La 1.

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Foi irmán de José Ramón Ónega (1939-2021) e pai das tamén xornalistas Cristina Ónega e Sonsoles Ónega.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Necrolóxica en La Voz de Galicia.

Entre outros:

  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (2026).[23]
  1. ↑ "MUERE FERNANDO ÓNEGA". 65 y más - El diario de las personas mayores (en castelán). 2026-03-03. Consultado o 2026-03-03.
  2. ↑ Ónega na IMDb (en inglés).
  3. 1 2 "Fernando Onega ha cesado en su cargo de director de la oficina de prensa de la Presidencia del Gobierno". El País (en castelán). 8 de xuño de 1978. Consultado o 12 de maio de 2020.
  4. ↑ Fernando Ónega, portavoz de Presidencia del Gobierno, artigo en La Vanguardia o 24/05/1977 (en castelán).
  5. ↑ "El hombre que abrazó a un país entero". El Norte de Castilla (en castelán). 17 de marzo de 2014. Consultado o 12 de maio de 2020.
  6. ↑ "Fernando Onega, nombrado director de los servicios informativos de la Cadena SER". El País (en castelán). 10 de febreiro de 1981. Consultado o 13 de maio de 2020.
  7. ↑ "Fernando Ónega deja la dirección de informativos de la COPE". El País (en castelán). 21 de xuño de 1990. Consultado o 13 de maio de 2020.
  8. ↑ Prensa-Escuela Arquivado 30 de marzo de 2010 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán).
  9. ↑ "Tele 5: Total renovación de la parrilla matinal, con cinco estrenos" (en castelán). 21 de febreiro de 1994. Consultado o 13 de maio de 2020.
  10. ↑ "Antena 3 potencia sus informativos". El País (en castelán). 30 de xaneiro de 1997. Consultado o 13 de maio de 2020.
  11. ↑ "Fernando Ónega abandona Antena 3 cansado del horario de sus noticias". El País (en castelán). Fernando Ónega abandona Antena 3 cansado del horario de sus noticias. Consultado o 13 de maio de 2020.
  12. ↑ "Onda Cero destituye a Fernando Ónega como director general". El País (en castelán). 24 de xaneiro de 2002. Consultado o 13 de maio de 2020.
  13. ↑ "Quiénes somos" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2020.
  14. ↑ Premios Ondas Arquivado 04 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., páxina oficial.
  15. ↑ Decreto polo que se concede a Medalla Castelao no ano 2001.
  16. ↑ "Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio, Televisión e Internet.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de abril de 2010.
  17. ↑ "Fernando Ónega recibe el premio periodístico Diego Bernal". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de maio de 2020.
  18. ↑ Os 125 galegos máis influentes Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine., 2010, Galicia Hoxe.
  19. ↑ "Hemeroteca - La Vanguardia - Home". hemeroteca.lavanguardia.com. Consultado o 2026-03-03.
  20. ↑ "Fotos: Nombramiento de hijo predilecto a Fernando Ónega". leonoticias.com (en castelán). 2018-02-23. Consultado o 2026-03-03.
  21. ↑ "Fernando Ónega recoge el Premio Ondas a toda su trayectoria profesional". OndaCero (en castelán). 2021-11-16. Consultado o 2026-03-03.
  22. ↑ APM (2025-03-17). "Fernando Ónega, investido académico de honor de la Real Academia Europea de Doctores". APM (en castelán). Consultado o 2026-03-04.
  23. ↑ "O Goberno concede a Gran Cruz á Orde do Mérito Civil a título póstumo a Fernando Ónega". Galicia Confidencial. 10 de marzo de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]