Saltar ao contido

Antonio Cominges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio de Cominges Tapias
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1897
Vigo
Morte27 de xaneiro de 1987 (89 anos)
Vigo
Actividade
OcupaciónArquitecto
Familia
CónxuxeFelisa Molíns Soto[1] Editar o valor en Wikidata
Fillosdoce[1] Editar o valor en Wikidata

BUSC: cominges-tapias-antonio-de-1897-1987

Antonio de Cominges Tapias, nado en Vigo o 24 de xullo de 1897 e finado ibídem o 27 de xaneiro de 1987,[1] foi un arquitecto galego.

Sede da Caixa de Aforros de Vigo, logo Caixanova, despois Novacaixagalicia, máis tarde Abanca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Madrid en 1924 e traballou de profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo dende 1927 ata 1967. Foi arquitecto municipal en Santiago de Compostela de 1930 a 1931 e logo traballou en Vigo.

O seu estilo estivo influenciado por Manuel Gómez Román e Antonio Palacios.

Igrexa de Nosa Señora de Fátima.
  • Chalé sede do Real Club Celta, entre a rúa Conde de Gondomar e a Praza de España.
  • Colexio San Xosé de Cluny, na Estrada Provincial (1929).
  • Fogar e Clínica de San Rafael, na Rúa San Xoán de Deus (1935).
  • Proxecto de cine na esquina de Velázquez Moreno con Marques de Valladares. Non chegou a facerse.[3]
  • Instituto Santa Irene, na Praza de América (1941).
  • Colexio-fogar San Roque, entre a Rúa Filipinas e a Avda. de Madrid (1943).
  • Sede Social de Abanca (antes Caixa de Aforros de Vigo), na Rúa García Barbón (1948).[4]
  • Fachada da Igrexa de Oia (1951).[5]
  • Igrexa de Nosa Señora de Fátima, na Rúa pino esquina Vía Norte (1951).[6]
  • Igrexa de Nosa Señora do Carme, na Rúa Pintor Laxeiro (1951).[7]
  • Fogar San Paio (Gota de Leche) na Ronda de Don Bosco (1953).[8]
  • Capela das Trinitarias, na Rúa Ecuador (1953).
  • Igrexa de San Francisco Xabier, no colexio xesuíta Apóstolo Santiago na Rúa Sanjurjo Badía (1954).
  • Igrexa da Soidade, na Atalaia do Monte do Castro (1957).[9]

Conta con obra singular conservada en Bouzas.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Ó ano do pasamento, o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa da cidade.[10]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]