Camilo Nogueira Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1904 Lavadores, España |
Morte | 2 de marzo de 1982 (77 anos) Lavadores, España |
Educación | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Empregador | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Alumnos | Silvino Silva, Xoán Piñeiro Nogueira, Silverio Rivas e Manuel Uhía |
Familia | |
Fillos | Camilo Nogueira Román |
Camilo Nogueira Martínez, nado o 22 de xullo de 1904 no daquela concello de Lavadores[1] e finado o 2 de marzo de 1982 ibídem, foi un escultor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde logo sería profesor de alumnos como Xoán Piñeiro Nogueira ou Silverio Rivas.
Foi, xunto con Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Manuel Torres, Carlos Maside e outros, bolseiro da Deputación Provincial de Pontevedra, grazas ao que puido ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.
Obra
[editar | editar a fonte]Na súa obra distínguense tres etapas. Na primeira, antes da guerra civil, Nogueira, de familia de carpinteiros, traballaba na madeira. Obras desta etapa atópanse no Museo de Pontevedra.
Da segunda etapa, tamén en madeira, especialmente acacia australiana, freixo e buxo, hai obras no Museo Quiñones de León, no Pazo de Castrelos de Vigo.
Na terceira etapa empregou o barro e a pedra. Varias obras desta etapa están espalladas polas rúas de Vigo. Por exemplo o mural da estación marítima (1955), as esculturas Vida, Transportes, Accidentes e Incendios e a do chafrán do Edificio Aurora Polar da Rúa Urzáiz esquina República Arxentina (1959), o busto do papa Xoán XXIII na Rúa Conde de Torrecedeira (1965), a Pescantina e Mariñeiros portando o escudo da cidade de Vigo (1969) na Fortaleza do Castro, O forxador e O mariñeiro da Praza de Compostela ou o Monumento ó emigrante (1971) da Praza de América.
Foi dirixente local do Partido Galeguista.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado coa modista Teresa Román, foi pai do político Camilo Nogueira Román. O concello de Vigo adicoulle a Rúa Escultor Nogueira.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pescantina e mariñeiros portando o escudo da cidade na Fortaleza do Castro.
-
Despedida, Alameda da Praza de Compostela.[2]
-
Nenos con escudos, no Paseo de Alfonso XII.
-
Alborada, Alameda da Praza de Compostela.
-
Monumento ó emigrante, (1971), Praza de América.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O concello de Lavadores, creado en 1836 anexionouse ao de Vigo en 1942.
- ↑ Patrimonio Cultural de Vigo Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo.
- ↑ 42°13′15″N 8°44′02″O / 42.220717, -8.733750
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camilo Nogueira Martínez |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nogueira Martínez, Camilo" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
- Martínez Vilanova, Fernando (1996). Camilo Nogueira: (1904-1982). Deputación Provincial de Pontevedra, 183 pp., ficha en Google Books.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Camilo Nogueira, escultor urbano en Xornal.Vigo.org, Concello de Vigo.