Saltar ao contido

Medalla Castelao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla Castelao
Lema: Deus fratresque Gallaeciae Editar o valor en Wikidata
Imaxe de condecoración
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Texto lema
Deus fratresque Gallaeciae Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1984 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Concedido por
Localización
 País
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 150773
Wikidata C:Commons
Título acreditativo outorgado a Emilio González López en 1984.
Título acreditativo outorgado ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago en 2020.

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear aquelas persoas ou institucións que desenvolvesen, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi creada en 1984[1] e outórgase cada 28 de xuño, coincidindo co regreso dos restos mortais de Castelao a Galicia en 1984, para ser inhumado no Panteón de Galegos Ilustres, de Santiago de Compostela. Concédese por acordo da Xunta de Galicia, previa proposta das institucións ou entidades galegas, sexa a persoas ou a organismos, coa única condición de que non pode concederse a título póstumo.

Fisicamente, a Medalla Castelao mide 50 mm no seu eixo maior e 36 no menor.[2] Reproduce no anverso a cruz deseñada por Castelao para As cruces de pedra na Galiza, sobre fondo azul, e a lenda "Deus fratresque Gallaeciae"; e no reverso o nome da persoa distinguida e a data de concesión. A medalla vai pendurada cun cordón trenzado en branco e azul.

As Medallas Castelao concédense a un número variable de persoas cada ano.

Galardoadas/os

[editar | editar a fonte]

(Para as edicións anteriores, véxase a correspondente caixa de navegación ao final desta mesma páxina).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]