José Salgado Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Salgado Rodríguez
Nacemento1852
Lugar de nacementoSanto André de Cesar
Falecemento20 de maio de 1916
Lugar de falecementoCaldas de Reis
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e escritor
FillosJesús Salgado de la Riva e Laureano Salgado de la Riva
IrmánsLaureano Salgado Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

José Salgado Rodríguez, nado en Santo André de Cesar (Caldas de Reis) en 1852 e finado na vila de Caldas de Reis o 20 de maio de 1916, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira eclesiástica e sen rematala, pasou a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Partido Liberal, foi deputado provincial, gobernador civil de Lugo (1897) e alcalde de Caldas de Reis (1901-1903). Foi un dos académicos fundadores da Real Academia Galega[1] e membro da Sociedad de Arqueoloxía de Pontevedra. Dirixiu El Correo de Galicia e La Estrella Compostelana e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Almanaque Gallego e Revista Gallega. Publicou Paliques (1901) co pseudónimo Fray Prudencio, que recolle os seus artigos sobre temas de actualidade local.


Predecesor:
'
 Escudo Caldas de Reis.svg
Alcalde de Caldas de Reis
 
1901 - 1903
Sucesor:
'

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen de la Riva Carreiro, e foi pai de Jesús e Laureano Salgado de la Riva.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Salgado Rodríguez". Real Academia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]