En 2016, o xornal La Voz de Galicia publicaba o descubrimento de 35 partituras inéditas e 12 perdidas do compositor pontareán nun arquivo particular da familia Garrote, en Sada. O descubrimento foi froito do traballo de investigación de Alejo Amoedo, profesor do Conservatorio de Vigo, que estaba a investigar a obra para piano de Soutullo. 46 destas pezas son composicións para banda e unha para piano, e todas elas pertencen á súa primeira etapa como compositor, datadas antes de 1915, e algúns orixinais estaban asinados baixo o pseudónimo L. Rals. Co descubrimento o número de obras coñecidas de Soutullo incrementouse ata unhas 300, aínda que se calcula que hai outro cento por recuperar.[2]