Ilustración
![]() |
Historia da filosofía occidental |
---|
Períodos |
Presocrática Grega Helenística Medieval Renacentista Moderna Contemporánea |
Séculos |
XVII XVIII XIX XX |


A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.[1][2]
Orixe[editar | editar a fonte]
A ilustración foi un fenómeno cultural que se desenvolveu en Europa e América afectando á totalidade dos ámbitos sociais, políticas e culturais do mundo do século XVIII. Aínda que este movemento afectou a case todo o mundo, non tivo a mesma importancia nuns países que noutros, xa que algunhas nacións achegaron constantemente novas ideas, mentres que outras, limitábanse a seguir de lonxe as innovacións que se ían producindo nos outros países. Se se establece unha clasificación dos países "máis ilustrados", a orde sería: Francia, Alemaña e Inglaterra.[3][4]
Ideas básicas[editar | editar a fonte]
A ilustración presenta as seguintes ideas:
- Empirismo: os ilustrados, en contra da obriga a aceptar as verdades en base á fe ou á autoridade de quen as proclama, contrapuxeron a experimentación para poder coñecer o mundo e conseguir o progreso. O coñecemento nace da experiencia e todo aquilo que non poida ser verificado pola mesma, como a fe ou a metafísica, non poden ser consideradas nun plano de igualdade co que nace do empírico, como a ciencia.
- Criticismo: o ilustrado aspira a someter a crítica racional todo o coñecemento anterior, poñendo en cuestión todo o herdado por tradición ou imposto pola simple fe.
- Desexo de Coñecemento: o ilustrado sente un enorme desexo de coñecer o mundo onde habita, de iluminalo, aínda que tamén sente a necesidade de dar a coñecer o aprendido.
- Utopismo: Crese que a aplicación da razón a todos os aspectos da vida humana permitira unha mellora constante da sociedade e un progreso económico e cultural ilimitado.
- Progreso e Felicidade: o ilustrado ao que aspira como obxectivo prioritario é a conseguir a felicidade neste mundo.
- Reformismo: os ilustrados propoñen modernizar a sociedade mediante lentas reformas que sería levadas a cabo por reis e gobernos de carácter absolutista.[5]
Características[editar | editar a fonte]
As características máis importantes desta corrente son:
- Natureza: desexo de descubrir mediante a aplicación da razón e da observación as leis que rexen a natureza. Amor á natureza.
- Razón: Fe constante no poder da razón humana, polo tanto, todo o racional era bo, mentres que o irracional era incorrecto.
- Igualdade: Todos os homes proceden da mesma natureza, polo que todos posúen a capacidade de razoar xa que todos son iguais.
- Progreso: crenza no progreso da sociedade humana, para mellorar as condicións de vida e acadar a felicidade.
- Liberdade: En cuestións políticas, relixiosas, intelectuais e económicas.
- Deísmo: É a relixión natural. Tiña o seu fundamento en que Deus e a alma non podían ser coñecidos xa que eran algo abstracto, que non se percibe cos sentidos.
- Moral laica: É independente da relixión, xa que os homes réxense por morais, non só porque Deus manda observalas, senón porque a razón esixe o respecto dos dereitos dos demais.[6]
O pensamento partía do suposto de que o ser humano nacera para ser feliz, de que a razón humana era capaz por si soa de acadar a verdade e dos principios fundamentais da teoría de John Locke e a partir de aí os filósofos ilustrados propuñan unha nova forma de Estado que garantise a liberdade, a seguridade e a prosperidade e que, como consecuencia fose representativa e non totalmente dependente da vontade do monarca. Pero para que trunfase está postura os filósofos eran conscientes que tiña que cambiar a sociedade e estar baseada na tolerancia e a igualdade legal, pero non económica.[7][8][9]
Representantes[editar | editar a fonte]
Os máximos representantes deste movemento foron: Montesquieu, que teorizou sobre a separación de poderes, Voltaire, defensor da liberdade de pensamento, e Rousseau, que expresou o principio de soberanía nacional.[10]
- Montesquieu: Era membro da nobreza francesa e admirador do réxime parlamentario inglés, xa que consideraba a este o mellor sistema político capaz de garantir a liberdade dos homes e impedir así o abuso dos gobernantes. Pero a súa maior achega foi a teoría da separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) na súa obra O espírito das leis para evitar o despotismo.
- Voltaire: A súa filosofía era a defensa dos dereitos do home para seguir os ditados da súa razón á vez que dicía que o home debía seguir as súas ideas e opinións con respecto á relixión e a práctica da mesma. Voltaire cría no deísmo, xa que pensaba que Deus creara o Universo, pero que só lle dera o primeiro impulso, e que despois non interviñera en nada máis. Amais, promoveu a creación de parlamentos que limitasen o poder dos reis e a reforma do sistema fiscal para acabar cos privilexios.
- Jean Jacques Rousseau: Os seus ideais partían do suposto de que os homes posúen dereitos naturais que deben ser respectados por todos, pero inclúe outro elemento como característica da natureza humana, a idea de que o estado natural era unha situación perfecta na cal todos os homes eran bos, pero que ao formarse na sociedade xorden as desigualdades e así o egoísmo. E isto ocasionou que os homes perderon os sentimentos morais concedidos pola natureza, para cambialos por unha actitude racionalista e fría que os afasta da súa bondade innata. Na súa obra O contrato social sostivo que o poder reside no pobo e que o Estado xorde coma resultado dun pacto ou contrato entre os cidadáns, concepción que inspirou o concepto de soberanía nacional[11].
- Denis Diderot: critica a sociedade corrupta do seu tempo e é racionalista e materialista igual que Voltaire, sostén que as ciencias naturais permitirán o progreso técnico, polo que está en contra da relixión tradicional.
- François Quesnay: Foi o cabeza dun grupo de pensadores que deron orixe ao movemento chamado fisiocracia e que desenvolveron unha teoría acerca das leis que rexen as actividades económicas. Esta teoría baséase no principio de que o desenvolvemento económico dun país está determinado polo nivel de produción agrícola e non pola riqueza metalúrxica que posúa.
A Ilustración en Galiza[editar | editar a fonte]
En Galiza fundáronse Sociedades Económicas de Amigos do País, coma a de Santiago (1784) ou a de Lugo (1785). Amais, creouse a Academia de Agricultura do Reino de Galiza e fundouse o Real Consulado Marítimo da Coruña, que activou o comercio atlántico.
Os ilustrados galegos promoveron a resolución de cuestións concretas, coma o estado dos camiños, a necesidade de converter o río Miño en navegábel ou o fomento do comercio de gando.
No panorama intelectual, sobresaíron personalidades beneditinas coma Benito Xerónimo Feijoo ou Martín Sarmiento. Amais, Lucas Labrada escribiu Descrición económica do reino de Galiza.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Kors, Alan Charles. Encyclopedia of the Enlightenment. Oxford: Oxford UP, 2003. Print.
- ↑ Casey, Christopher (30 de outubro de 2008). ""Grecian Grandeurs and the Rude Wasting of Old Time": Britain, the Elgin Marbles, and Post-Revolutionary Hellenism". Foundations. Volume III, Number 1. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2009.
- ↑ Robert R. Palmer, The Age of the Democratic Revolution (1964)
- ↑ Russell, Bertrand. A History of Western Philosophy. p 492–494
- ↑ Hooker, Richard (1996). "The European Enlightenment". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2008. Consultado o 18 de xaneiro de 2008.
- ↑ Israel, J. (2001). Radical Enlightenment; Philosophy and the Making of Modernity 1650–1750. Oxford, Oxford University Press. p. 159.
- ↑ See Darnton, The Literary Underground, 184.
- ↑ Darnton, The Literary Underground, 135–147.
- ↑ Darnton, The Literary Underground, 13, 17.
- ↑ Frost, Martin (2008). "The age of Enlightenment". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2008.
- ↑ Fernández Bulete, Virgilio (2012). Ciencias socias historia. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ilustración |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Becker, Carl L. The Heavenly City of the Eighteenth-Century Philosophers. (1932)
- Bronner, Stephen. The Great Divide: The Enlightenment and its Critics
- Burns, William. Science in the Enlightenment: An Encyclopædia (2003) 353pp
- Chisick, Harvey. Historical Dictionary of the Enlightenment. 2005. 512 pp
- Delon, Michel. Encyclopædia of the Enlightenment (2001) 1480pp
- Dupre, Louis. The Enlightenment & the Intellectual Foundations of Modern Culture 2004
- Gay, Peter. The Enlightenment: The Rise of Modern Paganism (1966, 2nd ed. 1995), 952 pp; The Enlightenment: The Science of Freedom, (1969 2nd ed. 1995)
- Greensides F, Hyland P, Gomez O (ed.). The Enlightenment (2002)
- Cowan, Brian, The Social Life of Coffee: The Emergence of the British Coffeehouse. New Haven: Yale University Press, 2005
- Darnton, Robert. The Literary Underground of the Old Regime. (1982).
- Edelstein, Dan. The Enlightenment: A Genealogy (University of Chicago Press; 2010) 209 pages
- Golinski, Jan. "Science in the Enlightenment, Revisited," History of Science (2011) 49#2 pp 217–231
- Goodman, Dena. The Republic of Letters: A Cultural History of the French Enlightenment. (1994).
- Hesse, Carla. The Other Enlightenment: How French Women Became Modern. Princeton: Princeton University Press, 2001.
- Hankins, Thomas L. Science and the Enlightenment (1985).
- Diderot, Denis. Rameau's Nephew and First Satire.' (2008).
- Diderot, Denis. "Letter on the Blind" in Tunstall, Kate E. Blindness and Enlightenment. An Essay. With a new translation of Diderot's Letter on the Blind (Continuum, 2011)
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Revolución francesa
- Revolución Americana
- Historia da filosofía
- Primavera dos pobos
- A ciencia no século das luces
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ilustración (en castelán)
- La ilustración (en castelán)