José García Acuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José García Acuña
José García Acuña 1927.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1927
Nacemento15 de xaneiro de 1873
Lugar de nacementoBetanzos
Falecemento10 de xuño de 1933
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1896 ingresou na carreira diplomática e foi vicecónsul en Nova York, Chicago, as illas Bermudas, Nova Orleáns e Porto Rico; cónsul na Guaira, Panamá, Hendaia, O Havre, Saint-Nazaire, Bombai, A Habana e Veracruz; e delegado de España na Comisión Hispano-Mexicana de Reclamacións. Colaborou en El Globo, Blanco y Negro, La Esfera, e Diario de la Marina. Foi director de El Noroeste e presidente da Federación Provincial Agraria en 1922. Ingresou na Real Academia Galega o 15 de novembro de 1932.

Era irmán de Fernando García Acuña.

Obras[editar | editar a fonte]

  • De vita et moribus. Solaces literarios, 1913.
  • El regionalismo, 1918.
  • La Mariñana, 1923.
  • Idearium Regionalista: Esquema sintético de la evolución regionalista ibérica, 1924.
  • Conquista y evangelización de la Nueva Galicia, 1932.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]