Granada de man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Granada F-1.

Unha granada de man é un proxectil explosivo que se lanza coa man ou cun arma específica, chamada lanzagranadas.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "granada" vén do latín granātum. Pasou ao español para dar nome ao froito, punica granatum, cheo de grans e cunha disposición esférica fácil de tomar. En francés chámaselle pomegranate. Debido á forma e o tamaño deste proxectil os exércitos europeos chamárono "granada de man" en español, grenade à main en francés e hand grenade en inglés.[2]

Primeiras granadas[editar | editar a fonte]

Granadas de man francesas feitas de vidro, de 1740.

Desde a antigüidade usáronse artefactos incendiarios. No Imperio romano de oriente empregáronse "artefactos incendiarios" de man pouco despois do reinado de León III (717–741).[3] Os soldados bizantinos déronse conta de que o lume grego, unha invención bizantina do século anterior, non soamente podía usarse cun lanzallamas, senón tamén en xerras de pedra e cerámica. Posteriormente, empregáronse recipientes de cristal. O uso disto difundiuse entre os exércitos musulmáns en Oriente Medio, dende onde chegou a China en torno ao século X.

En China, durante a dinastía Song (960-1279), as armas coñecidas como zhen tian lei ("trono que sacode o ceo") creáronse cando os soldados chineses empacaron pólvora en recipientes de cerámica ou metal. En 1044, o libro militar Wujing zongyao (Compilación de clásicos militares) describiu varias "receitas" de pólvora nas que se pode atopar, de acordo con Joseph Needham, o prototipo da granada de man moderna.[4] Os chineses tamén descubriron o potencial explosivo da embalaxe de proxectís de bala de canón con pólvora. O libro de mediados do século XIV Huolongjing (Manual do dragón de lume), escrito por Jiao Yu, rexistrou un canón de ferro da dinastía Song coñecido como o "canón de nubes voadoras tronantes" (feiyun pili pao). O manuscrito dicía:  

Os proxectís [pào] están feitos de ferro fundido, tan grandes coma un conco e con forma de bola. No seu interior conteñen media libra de "fogo divino" [shén huǒ, pólvora]. Son enviados voando cara o campamento inimigo dende un eruptor [mu pào], e cando chegan escóitase un son coma un trueno, e aparecen lampos de luz. Se dez destes proxectís son disparados con éxito ao campamento inimigo, todo o lugar será incendiado [...][5]

A pólvora empezou a utilizarse en Europa na Baixa Idade Media. As primeiras bombas de ferro fundido e granadas non apareceron en Europa até 1467.[6][7]

O Museo do Exército de Toledo conserva granadas de cara a 1580.[8] Durante unha construción fronte a un bastión da cidade bávara de Ingolstadt, en Alemaña, descubríronse varios centenares de granadas de cerámica do século XVII. Moitas destas granadas aínda contiñan pólvora e conservaban as súas mechas. Probablemente, estas granadas foran situadas neste lugar antes de 1723.[9]

Nos séculos XIV, XV e XVI, en Francia, chamábase "nenos perdidos" (enfants perdus) aos que comunmente se colocaban nos postos avanzados da infantaría. Eran escollidos os mellores de cada "banda" (compañía). Armóuselles con granadas de man a partir de 1537. En 1667 denomináronse granadeiros e destinaron catro a cada compañía de infantaría.[10][11] Os primeiros granadeiros levaban unha machada, un sabre e un saco con dez ou doce granadas (a granadeira). Cando, en 1671, o fusil de avancarga substituíu ao mosquete, déronse fusís á maior parte de granadeiros. A finais do reinado de Luís XIV, todos os granaderos levaban fusil. Prusia foi o seguinte país que creou un corpo de granaderos. A leste seguíronlle os países do norte de Europa e, posteriormente, fixérono o resto de nacións. O corpo de granadeiros francés foi suprimido en 1789.

O primeiro corpo de granadeiros británico foi o Rexemento de Lord Wentworth, creado en Flandes en 1656.[12] Tomou o nome de Gardas Granaderos (Grenadier Guards) en 1815.[13] En España as compañías de granadeiros foron creadas en 1685.[14]

As granadas foron empregadas tanto en combates terrestres coma marítimos. Algunhas incorporaron metralla para aumentar a súa capacidade. Os granadeiros eran adestrados para o seu manexo e para alcanzar con ela a maior distancia posible.[8]

O capitán pirata Thompson usou un gran número de granadas rudimentarias para defenderse de dúas cazarrecompensas enviados polo gobernador de Xamaica en 1721.[15]

Tras as guerras napoleónicas o seu uso diminuíu. Coa invención do fusil de repetición a mediados do século XIX, estas empregáronse menos. [8]

No entanto, nas guerras de trincheiras volveron empregarse pola utilidade de arrebolar bombas a curta distancia.[8] Nunha carta á súa irmá, o coronel Hugh Robert Hibbert describiu unha granada improvisada que foi empregada polas tropas británicas durante a Guerra de Crimea (1854–1856):[16]

Temos un novo invento para fastidiar aos nosos amigos nos seus boquetes. Consiste en chear botellas baleiras de soda por completo de pólvora, vellos clavos retorcidos e calquera outra cosa puntiaguda ou afiada que podamos encontrar nese momento, introduciendo un pouco de estopa coma mecha, logo encendéndoo e arroxándoo rapidamente ao hoio dos nosos vecinos, onde estalla, para o seu gran fastidio. Pode imaxinarse a súa furia ao ver unha botella de soda caer nun burato cheo de homes cunha pequeña mecha ardendo tan orgullosa como un verdadeiro proxectil explotando e enterrándose en partes blandas da carne.

Na Guerra de Secesión (1861-1865) os dous bandos usaron granadas de man equipadas cun émbolo que detonaba o dispositivo ao impactar. A Unión utilizou unha granada experimental, a granada Ketchum, que tiña unha aleta na parte traseira para asegurar que o impacto da parte dianteira producise a detonación. A Confederación usou granadas de man redondas parecidas á Ketchum. Os rusos usaron granadas improvisadas na Guerra Ruso-Xaponesa (1904-1905) para defender Port Arthur.[17]

Desenrolo das granadas modernas[editar | editar a fonte]

Esquema da espoleta dunha granada Borstein M1935.

A ausencia dunha granada de man eficaz, unida á percepción de ser un obxecto perigoso e á perda de utilidade destas fixeron que se considerasen unha peza obsoleta do equipamento militar. En 1902, a Oficina de Guerra británica anunciou que as granadas de man estaban obsoletas e que non tiñan lugar na guerra moderna. Dous anos despois, co uso de granadas improvisadas nas trincheiras da Guerra Ruso-Xaponesa e cos informes do xeral sir Aylmer Haldane, un observador británico do conflito; este asunto reconsiderouse e a Xunta de Artillaría recibiu instrucións para desenvolver unha granada de man práctica.[18] Esta foi a granada No. 1. Fixéronse varios modelos cunha espoleta de impacto, pero aquel tipo de espoleta tivo varios problemas prácticos e non se produciron en grandes cantidades.[17]

Martin Ale, coñecido por patentar a granada de fusil Hales, desenvolveu unha moderna granada de man en 1906, pero non puido convencer ao Exército Británico para adoptala até 1913. O principal competidor de Ale foi Nils Waltersen Aasen, que realizou un deseño en 1906 en Noruega e patentouno no Reino Unido. Empezou os seus experimentos desenvolvendo unha granada mentres era sarxento na fortaleza de Oscarsborg. Aasen creou a Compañía de Granadas Aassen (Aasenske Granatkompani) en Dinamarca, onde antes da Primeira Guerra Mundial (1914-1918) produciu e exportou granadas de man por toda Europa. Tivo éxito vendendo esta arma a Francia e foi nomeado cabaleiro da Lexión Francesa en 1916 polo seu invento.[17]

Na Primeira Guerra Mundial dispuxéronse unha gran cantidade de trincheiras. Por iso, volveron empregarse as granadas.[8] A comezos da Primeira Guerra Mundial, as nacións combatentes só tiñan granadas pequenas, similares ás deseñadas por Hales e Aasen. A granada italiana Besozzi tiña unha mecha de cinco segundos cunha punta de fósforo, que se acendía ao ser fregada cun anel que o soldado levaba no seu dedo.[19] Provisionalmente, as tropas adoitaban improvisar as súas propias granadas, como a jam tin e a pétard raquette.

William Mills, un deseñador de granadas de Sunderland, patentou, desenvolveu e fabricou a granada Mills na fábrica de municións de Mills de Birmingham, Inglaterra, en 1915, denominada Nº 5. Foi descrita como a primeira "granada segura". Era un recipiente de aceiro cheo de explosivos cun gatillo e unha característica superficie con hendiduras profundas. Esta segmentación deseñouse para axudar á fragmentación e para incrementar a súa mortalidade, pero investigacións posteriores demostraron que non aumentaba a súa fragmentación. Posteriormente fixéronse deseños de fragmentación mellorados coas hendiduras por dentro, pero naquel entón eran moi caras de producir. Mantívose a segmentación externa da granada Mills, xa que lle daba unha superficie que se agarraba mellor. Este deseño básico mantívose nalgunhas granadas modernas.[17]

As granadas adaptadas para lanzarse con fusís (as granadas de fusil), empezaron a usarse a Guerra Ruso-Xaponesa en 1904, durante a defensa de Port Arthur. Posteriormente, isto foi realizado tamén polo Exército Español. Os primeiros que fixeron isto a gran escala foron os franceses na Primeira Guerra Mundial.[20] As granadas de fusil foron amplamente substituídas nos exércitos por lanzagranadas e lanzamisiles (como os bazookas).

Tipos de granadas[editar | editar a fonte]

Dúas granadas modernas seccionadas. Á esquerda: granada de fragmentación DM61A1; á dereita: granada para adestramento DM78A1.

Granada de fragmentación[editar | editar a fonte]

As granadas de fragmentación son comúns nos exércitos. Son armas deseñadas para dispersar fragmentos letais na detonación. Adoita estar feita dun material sintético duro ou aceiro, o que proporcionará certa fragmentación como fragmentos e achas. Nas granadas modernas están deseñadas cunha fragmentación preformada. A fragmentación preformada pode ter forma esférica, cuboide, de aramado ou de aramado con muescas. A maioría están deseñadas para lanzarse e detonarse despois dun período de tempo ou en caso de impacto.

As granadas de fragmentación modernas, como a granada M67 dos Estados Unidos, teñen un radio de acción de 15 metros e os fragmentos poden percorrer uns 200 metros. [21]

Granada de conmoción[editar | editar a fonte]

Trátase dunha granada deseñada para danar o obxectivo soamente coa explosión. Estas granadas adóitanse clasificar como armas ofensivas porque o radio de vítimas é moito menor que a distancia á que pode ser lanzada. No caso da granada Mk3A2 estadounidense, o radio de vítimas é de 2 metros en áreas abertas, pero os anacos da granada poden chegar a uns 200 metros.[22]

Tamén se usou como carga de profundidade ao redor de embarcacións. Algunhas, como a granada estadounidense Mk40, están deseñadas especificamente para ser utilizadas contra mergulladores e submarinistas inimigos. As explosións submarinas matan ou incapacitan ao obxectivo, creando unha onda de choque letal baixo a auga.[23]

O Centro de Investigación, Desenvolvemento e Enxeñaría do Armamento do Exército dos Estados Unidos (ARDEC, polas súas siglas en inglés) anunciou en 2016 que estaban a desenvolver unha granada na que se podería seleccionar no momento do seu uso o modo de operar, se en modo de fragmentación ou de conmoción, a granada táctica multipropósito mellorada con espoleta electrónica (ET-MP, polas súas siglas en inglés).[24]

Granada antitanque[editar | editar a fonte]

Deseñouse unha gama de granadas de man para o seu uso contra vehículos blindados. Un exemplo é a <i id="mw0w">bomba pegañenta</i> británica de 1940. Deseños como a Panzerwurfmine (L) alemá e as RPG-43, RPG-40, RPG-6 e RKG-3 soviéticas tiñan unha oxiva HEAT nun extremo e un elemento para estabilizar o seu voo e que impactase cos 90 graos necesarios para que a carga oca fose efectiva.

Durante a Segunda Guerra Mundial, o Reino Unido usou granadas incendiarias baseadas no fósforo branco. O modelo Nº 76 foi usado pola Home Guard británica como arma antitanque. Foi producida en grandes cantidades. En agosto de 1941 fabricáronse 6 millóns.[25]

Debido ás melloras na blindaxe dos tanques, as granadas de man antitanque xeralmente están consideradas obsoletas. Non obstante, foron usadas con certo éxito contra vehículos menos blindados, os resistentes a minas e protexidos de emboscadas (MRAP, polas súas siglas en inglés), deseñados para protexerse contra artefactos explosivos improvisados da insurxencia irakí de comezos do século XXI.[26]

Granada atordadora[editar | editar a fonte]

Unha granada atordadora é un artefacto explosivo non letal usado para desorientar temporalmente os sentidos dun inimigo.[27] Está deseñada para producir un escintileo de luz cegador e un forte ruído de detonación de máis de 170 decibeis.[28] Foi usada por primeira vez polo Servizo Aéreo Especial do Exército Británico a finais da década de 1970.[29]

Granada sting[editar | editar a fonte]

As granadas sting son selectas atordadoras cun deseño baseado no das granadas de fragmentación. En lugar de usar unha carcasa de metal para producir metralla, están feitas de goma dura e recheas dunhas cen esferas de goma. Ao detonar, as esferas de goma e os fragmentos da carcasa de goma da granada se esparcen xerando un efecto non letal. Estes proxectís poden rebotar.[30] Algunhas teñen ademais unha carga de gas CS.[31]

As granadas sting non incapacitan á persoa, de modo que pode ser perigoso o seu uso contra suxeitos armados.[32] Poden causar graves danos físicos, sobre todo os fragmentos de goma da carcasa.[33]

Outros tipos[editar | editar a fonte]

Granada inerte de adestramento, feita de caucho duro.

As granadas químicas e de gas arden ou expulsan un gas, pero non explotan. Entre estas atópanse as granadas de fume e as incendiarias.

O cóctel Molotov é un artefacto improvisado similar á granada. Foi usado por primeira vez na Guerra Civil pola Lexión Española no outono de 1936 contra tanques soviéticos nos arredores de Madrid. O nome, do ministro de Exterior de Stalin, púxoselle cando se empregou en Finlandia en 1940. [34]

As granadas de práctica son similares en manipulación e uso ás outras de man, agás que soamente producen un forte son e unha nube de fume ao detonar. O seu carcasa é reutilizable.[35][36] Outro tipo é a granada de práctica de lanzamento, que é totalmente inerte e frecuentemente baleirada nunha soa peza. É empregada para que os soldados afáganse ao peso e a forma dunha granada verdadeira, así como para practicar lanzamentos de precisión. Un exemplo deste tipo de granada é a Granada de Man de Práctica Biodegradable K417 surcoreana.[37][38]

Fabricantes[editar | editar a fonte]

Entre os fabricantes están:

  • Stabilimento Militar Munizionamento Terrestre Baiano dei Spoleto (Italia)[39]
  • Diehl[40] (Alemaña)
  • Mecar[41] (Bélxica)
  • Rheinmetall[42] (Alemaña)
  • Ruag[43] (Suíza)
  • Nammo[44] (Noruega)
  • Instalaza[45] (España)

Utilización[editar | editar a fonte]

Cando se usa unha granada antipersona, o que se quere é que explote cando o obxectivo está dentro do seu radio efectivo. A granada de fragmentación M67 ten unha área letal efectiva de cinco metros de radio, mentres que o radio inductor de baixas é de aproximadamente quince metros.[46]

Unha técnica alternativa é quitar o pasador antes de lanzar a granada, o que permite á mecha queimarse parcialmente e diminúe o tempo de detonación tras o seu lanzamento. Un tempo máis curto é útil para reducir a capacidade do inimigo de cubrirse ou de lanzar de volta a granada, e tamén pode facerse para permitir que a selecta estale no aire sobre as posicións defensivas.[47] Esta técnica é inherentemente perigosa (por haber un tempo máis curto e, por tanto, máis próximo á explosión), máis complicada (un debe asegurarse de lanzar a granada despois da espera) e máis variable (o tempo das mechas varía en cada tipo de granada) polo que se desaconsella no Corpo de Marines dos Estados Unidos e prohíbese no adestramento.[48] A pesar disto, esta técnica aparece frecuentemente nas películas de Hollywood e nos videoxogos.[49]

As tácticas varían segundo o tipo de uso. A guerra urbana, sobre todo no ataque a áreas edificadas, trae consigo un gran uso de granadas de man: é habitual lanzar unha granada ou dúas antes de pasar a un sitio (como ao entrar nunha habitación ou ao franquear unha escaleira). Un batallón que loitase nunha cidade durante a Segunda Guerra Mundial usaba unhas 500 granadas ao día.[48]

Un asunto clave é que a granada non sexa agarrada e lanzada de volta. A técnica preferida dos Marines estadounidenses para previr isto é lanzar a granada con suficiente forza como para que rebote e que sexa difícil de agarrar para ser lanzada de volta. Isto é aplicable cando se quere despexar unha habitación, por exemplo. Para outros usos, como alcanzar as partes altas dun edificio, pode lanzarse unha selecta.[48]

Lanzar unha selecta a un piso superior é perigoso debido ao risco que non o alcance e caia de volta. É moito máis seguro lanzar unha granada a pisos inferiores, polo que o máis seguro é tomar un edificio desde arriba en lugar de desde a base.[48] As granadas que explotan no chan xeralmente causan desprendementos a pisos inferiores.[50]

A técnica preferida nas forzas estadounidenses cando se vai a atacar con granadas é mostralas ás forzas aliadas, dándolles un coñecemento visual desta para evitar alertar ao inimigo do seu uso.[48] Como alternativa, dáse unha voz de alerta inmediatamente despois de lanzar a granada, gritando frag out.

Algunhas granadas están deseñadas para ser lanzadas a longas distancias. A granada modelo 24 alemá tiña un longo mango de madeira que permitía aumentar a distancia á que era lanzada nun 50%.[51]

As granadas de conmoción tamén poden ser usadas como explosivos comúns, por exemplo, para demolición.[48]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Félix Rodríguez González (2005). Diccionario de terminología y argot militar. Verbum. Instituto Alicantino de Cultura Juan Gil-Albert. p. 137. ISBN 84-7962-334-9. 
  2. Hugh Chisholm (1911). Grenade 12 (11ª ed.). Cambridge University Press. p. 578. 
  3. Robert James Forbes (1993). Studies in Ancient Technology. Leiden. p. 107. ISBN 978-90-04-00621-8. 
  4. Joseph Needham: Science and civilization in China: Vol. 5; Part 6: Chemistry and chemical technology; Military technology: missiles and sieges, Cambridge University Press 1994, ISBN 0-521-32727-X
  5. Needham 1994, p. 264.
  6. Needham 1994, p. 179.
  7. César Cantú (1866). Historia universal. Libro XIII. La caída del Imperio de oriente 9. Madrid: Gaspar y Roig. pp. 269–282. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 José Luis simón García, Alberto J. Lorrio Alvarado, María Dolores Sánchez de Prado y Teresa Moneo Rodríguez (2017). "Armamento de sitio en el castillo de Chinchilla (Albacete) durante la Guerra de la Independencia: artillería y granadas de mano" (XXXVII): 171-206.  ISSN 0436-029X
  9. Andreas Franzkowiak Chris Wenzel (2016). "Explosives aus der Tiefgarage. Ein außergewöhnlicher Keramikgranatenfund aus Ingolstadt" 125: 95–110.  ISSN 1619-6074
  10. - (abril-decembro de 1837). "Las tropas francesas. Los granaderos". -: 180-182. 
  11. Luis Alberto Sánchez (1968). Un sudamericano en Norteamérica: ellos y nosotros. Universidad Nacional Mayor de San Marcos. p. 159. 
  12. David Fraser (1998). The Grenadier Guards. Londres: Osprey Publishing. p. 4. ISBN 0-85045-284-8. 
  13. "Branch notes (Northamptonshire)" (PDF). The Grenadier Gazette. 2014. p. 108. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  14. Encilopedia moderna. Diccionario universal de literatura, ciencias, artes, agricultura, industria y comercio 21. Madrid: Mellado. 1853. p. 873-874. 
  15. Cecil Headlam (1933). America and West Indies: January 1719. British History Online. Londres: His Majesty's Stationery Office. p. 1–21. Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  16. "The National Archives, records of the UK government". Letters of Hibbert, Hugh Robert, 1828–1895, Colonel, ref. DHB/57. 14 de xuño de 1855. Consultado o 9 de agosto de 2006. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Anthony Saunders (2012). Reinventing Warfare 1914–18: Novel Munitions and Tactics of Trench Warfare. A&C Black. p. 25–40. 
  18. Anthony Saunders (1999). "Weapons of the Trench War". -: 2. ISBN 0-7509-1818-7. 
  19. How the Modern Grenadier is Armed. Popular Science. xaneiro de 1919. p. 14. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  20. Cornélis de Witt Willcox y Edwin Roy Stuart. The International Military Digest Annual. p. 236. 
  21. "M67 fragmentation hand grenade". Fas.org. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  22. "USACAC.Army". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2012. 
  23. Kevin Dockery (1997). Special Warfare Special Weapons. Chicago: Emperor's Press. p. 188. ISBN 1-883-47600-3. 
  24. "US Army builds 'ambidextrous' grenade". BBC News. 20 de setembro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2016. 
  25. "WO185/23". Nationalarchives.gov.uk. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  26. Jeff Schogol (20 de outubro de 2009). "MRAPs modified to deflect RKG-3 anti-tank grenades". Stars and Stripes. 
  27. "Drugs raid recovers tonnes of cocaine and marijuana in Chile". 3 de setembro de 2014. 
  28. "Measurement of Exposure to Impulsive Noise at Indoor and Outdoor Firing Ranges during Tactical Training Exercises" (PDF). CDC. Consultado o 25 de agosto de 2013. 
  29. "SAS - Weapons - Flash Bang | Stun Grenade". Eliteukforces.info. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  30. "Stingball Grenade Evaluation". Law Enforcement Executive Forum. 2012. pp. 83–4. 
  31. "Limited Effects Weapons Study: Catalog of Currently Available Weapons and Devices" (PDF). United States Department of Defense. 25 de outubro de 1995. p. 53 (66). 
  32. SAS Ultimate Guide to Combat. Osprey Publishing. 20 de abril de 2012. p. 51. 
  33. "Stingball Grenade Evaluation". Law Enforcement Executive Forum. 2012. p. 88. 
  34. Pablo Martín Sánchez (14 de marzo de 2011). "Inventos españoles (11). El cóctel molotov". Revista Rinconete. Centro Virtual Cervantes. 
  35. "M69 practice hand grenade". Federation of American Scientists. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  36. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2014. 
  37. Defense Media Agency (21 de novembro de 2018). "K417 Biodegradable Practice Hand Grenade". YouTube. 
  38. Thomas Gersbeck (5 de marzo de 2014). Practical Military Ordnance Identification. CRC Press. p. 132. ISBN 978-1-4398-5058-9. 
  39. "Baiano". Difesa.it. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  40. "Defense & Security Intelligence & Analysis: IHS Jane's | IHS". Janes.com. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  41. "Mecar hand grenades". Mecar.be. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  42. "Rheinmetall Defence". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 9 de outubro de 2010. 
  43. "Ruag". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2010. Consultado o 9 de outubro de 2010. 
  44. "Nammo AS – Hand grenades". Nammo. Consultado o 3 de setembro de 2016. 
  45. "Alhambra Hand Grenade". instalaza.com. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  46. United States Army Field Manual 3–23.30, Grenades and Pyrotechnic Signals (revisión de 2005), páxinas 1-6
  47. United States Army Field Manual 3–23.30, Grenades and Pyrotechnic Signals (revisión de 2005), páxinas 3–11 a 3–12
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 48,5 U.S. Marine Corps (-). "Military Operations on Urbanized Terrain (MOUT)" (PDF). Appendix A.18, Appendix B.8 (Department of the Navy) (3–35.3): A23–A27 (176–179).  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "MOUT" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "MOUT" está definido varias veces con contidos diferentes
  49. "Hollywood Tactics". TV Tropes. Consultado o 2020-07-16. 
  50. U.S. Marine Corps. "Military Operations on Urbanized Terrain (MOUT)" (PDF) (3–35.3). Department of the Navy: B-25 (255).  |capítulo= ignorado (Axuda)
  51. The Discovery Channel: "Weaponology: Episode 10: Frags, Pineapples, and RPG's", 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]