Antía Cal
Antía Cal Vázquez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de abril de 1923 (97 anos) |
A Habana | |
Nacionalidade | Galega. |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritora e biógrafa |
Cónxuxe | Antón Beiras García (finado). |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923, é unha pedagoga viguesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Orixes[editar | editar a fonte]
Antía Cal naceu na emigración cubana dunha familia de Muras. A súa familia era a do Mesón, e a ela coñecíana como Tita do Mesón.
Con nove anos (1932) regresou a Galiza, se ben o seu pai quedou na Habana. Cal estableceuse en Vigo para estudar comercio, que era a vontade de seu pai. Despois da guerra rematou os estudos de Comercio, pero tamén fixo maxisterio. Ao finalizar, estudou na Universidade de Santiago Filosofía e Letras, e especializouse en xeografía e pedagoxía.
Casou co oftalmólogo Antón Beiras García, galeguista irmán de Manuel Beiras García, e a raíz do estrabismo dunha das fillas, decidiron facer viaxes por Europa para buscar unha solución e facer investigación sobre esta enfermidade ocular. Con non demasiado diñeiro, como recoñece ela na súa autobiografía, nunha desas viaxes paran en Xenebra, onde por azar acode a un edificio (o Museo da Educación de Xenebra) onde estaban ordenando o legado do pedagogo Johann Heinrich Pestalozzi, por quen Antía Cal tiña especial admiración grazas á súa loita a prol da educación das mulleres.
A partir dese momento comezan a facerse máis intensos os seus contactos cos círculos da pedagoxía europea, mandan os seus fillos a estudar ao Reino Unido. O contraste con estas visións e experiencias é o que impulsa a Antía Cal a fundar a súa primeira escola.
A Escola Rosalía de Castro[editar | editar a fonte]
En 1961 funda en Vigo a Escola Rosalía de Castro, cun ensino completamente bilingüe castelán-inglés e con aulas que levaban os nomes de Rosalía de Castro, Bertrand Russell, Alexandre Bóveda, Marie Curie, Carlos Maside, María Montessori, Castelao, Eduardo Pondal, Luís de Camões, Mariñeiros ou Labregos. En setembro, que foi cando comezou o curso, a escola tiña tres profesores e 38 alumnos e localizábase na rúa Pizarro.
No ano 1969, Antía Cal foi a Barcelona e entrou en contacto coas Escolas de Verán Rosa Sensat, núcleo de renovación pedagóxica. O aprendido alí e a relación establecida con ese centro axudoulle a mellorar a preparación dos mestres e mestras do seu propio colexio. O colexio foi pioneiro na introdución do galego no ensino.
Honras[editar | editar a fonte]
En 2016 estréase o filme documental biográfico "Tita: A palabra xusta", dirixido por Miguel Piñeiro.[1]
Foi nomeada filla adoptiva de Muras. O concello de Muras decidiu poñerlle o seu nome ao centro escolar da localidade.
- Premio Otero Pedrayo no 2018[2]
- Premio de Igualdade Ernestina Otero en 2015, outorgado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
O 1 de abril de 1968 quedou viúva. É nai de Antía e Antón Beiras Cal.
Obras[editar | editar a fonte]
- Este camiño que fixemos xuntos. Autobiografía (Editorial Galaxia, 2006)
- O arte e a sua historia. Xunto con Antón Beiras (Edicións Laiovento, 2017)
- O libro dos nenos, Deputación de Lugo, 2018.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Coa historia de Tita era moi fácil montar un panfleto, pero nós queriamos plasmar a esencia dela, nova en Praza Pública
- ↑ "A pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán gañan o Premio Otero Pedrayo". Deputación da Coruña. 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Antía Cal recoge el Premio Ernestina Otero por su trabajo por la igualdad". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-03-27.
- ↑ Salgado, Daniel. Sermos Galiza, ed. "A enciclopedia secreta". Consultado o 18 de xuño de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antía Cal ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, Ir Indo Edicións, 2011, Vigo.