Amancio Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amancio Prada
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Amancio Prada en Boimorto en 2015.jpg
Amancio Prada en Boimorto, en 2015.
Nome completo Amancio Prada Prada
Nacemento 5 de febreiro de 1949 (68 anos)
Orixe Devesas, comarca do Bierzo León Castela e León Castela e León
Ocupación (s) Cantautor
Instrumento(s) Guitarra
Selo(s) discográfico (s) Fonomusic, BMG Music Spain, Camaina, Musicamaina
Tempo en activo 1972 - actualidade
Na rede
http://www.amancioprada.com

Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de labradores, estudou Socioloxía na Universidade da Sorbona (París). Alí mesmo, na Francia, xa se deu a coñecer aparecendo na televisión e nas radios francesas, e mesmo gravou o seu primeiro disco Vida e morte (Alvarès, 1974). A partir de aquí comezou unha longa etapa de produción de discos, xunto con numerosas actuacións por todo o mundo, pois participou en concertos por todo o territorio nacional e internacional (Roma, Estocolmo, Xenebra, Buenos Aires, Nova York, Lisboa, Caracas, Porto, Chicago, México, Rabat, Colonia, Utrecht, Rávena, Atenas, Bruxelas, Medellín...)

Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares etc), razón que expuxo o xurado para que gañase o XXI Premio Celanova -Casa dos Poetas- en 2005 ou o Premio Xarmenta en 2006.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Vida e morte (1974)
  • Amancio Prada (1975)
  • Caravel de caraveles
  • Canciones de amor y celda
  • Leliadoura (homenaxe aos trobadores galaico-portugueses medievais).
  • Cántico espiritual (homenaxe a San Juan de la Cruz).
  • Canciones y Soliloquios (poemas de Agustín García Calvo).
  • De la mano del aire (1984)
  • Dulce vino de olvido (1985)
  • Sonetos de amor oscuro (1986), baseado en poemas de Federico García Lorca.
  • A dama e o cabaleiro (1987), baseado na poesía neotrobadoresca de Álvaro Cunqueiro.
  • Navegando la noche (1988)
  • Trovadores, místicos y románticos (1990), disco dobre.
  • Emboscados (1994)
  • Rosas a Rosalía (1997), conxuntamente coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia.
  • 3 poetas en el círculo (1998), en homenaxe a Cunqueiro, García Lorca e García Calvo. É a súa primeira gravación ao vivo e en directo.
  • De mar e terra (1999), baseado na tradición oral en galego.
  • Escrito está (2001)
  • Canciones del alma (2003), disco-libro, dedicado a textos de San Juan de la Cruz.
  • Sonetos y canciones de Federico García Lorca (2004), o seu segundo disco-libro
  • Hasta otro día, Chicho (abril de 2005), disco-libro dedicado a Francisco Sánchez-Ferlosio.
  • Rosalía siempre (2005)
  • Huellas de Salamanca (2005)
  • Zamora (2006)
  • Concierto de amor vivo (2007)
  • Vida de artista (2007)
  • Del amor que quita el sueño (2010)
  • Cántico espiritual y otras canciones de San Juan de la Cruz (2010)
  • Emboscados (2010)
  • Jorge Manrique. Coplas a la muerte de su padre (2010)
  • Canciones de Agustín García Calvo. Libre te quiero ( 2013)
  • Federico García Lorca. Poeta en Galicia (2013)
  • Resonancias de Rosalía (2014)
  • La voz descalza (2015)

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]