Xoán Vicente Viqueira

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán Vicente Viqueira [1][2][3]
Nome completoXoán Vicente Viqueira Cortón [1]
Xoán Vicente Viqueira López-Cortón [4]
Johán Vicente Viqueira [5][3][6]
Xoán [Johan] Vicente Viqueira López-Cortón[7]
Xoán Johan Viqueira López-Cortón [8]
Xohán Vicente Viqueira [9][10][11][12]
Joam Vicente Viqueira [13]
Vicente Viqueira [3]
Nacemento22 de outubro de 1886
 Madrid
Falecemento29 de agosto de 1924 37 anos
 A Lagoa, Bergondo
NacionalidadeEspaña
Alma máterInstitución Libre de Enseñanza
Ocupacióntradutor e escritor
CónxuxeJacinta Landa Vaz [9]
Fillos3 (Luísa, Jacinto e Carmen) [14]
XénerosPoesía, ensaio
ProfesiónCatedrático de ensino secundario
OrganizaciónIrmandades da Fala
Na rede
Dialnet: 2704459
editar datos en Wikidata ]

Xoán Vicente Viqueira Cortón,[1] nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado na Lagoa, Bergondo, o 29 de agosto de 1924,[9] foi un filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco.[14] No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Betanzos, cos compañeiros de colexio.

De familia galega, neto de José Pascual López Cortón e sobriño político de Manuel Bartolomé Cossío,[12] foi fillo do matrimonio entre Vicente Viqueira, militar destinado en Madrid, e Luisa López-Cortón Viqueira, tío materno e sobriña o un da outra, respectivamente, que se separarían ao pouco.[15] Cuns meses de idade trasladárono a Galicia, primeiro á Coruña e despois a Vixoi, Bergondo, onde viviu ata os doce anos.[16] Fixo os estudos primarios e os secundarios na vila de Betanzos. En 1898, volveu a Madrid para estudar na Institución Libre de Enseñanza, o que o puxo en contacto co pensamento científico moderno.

Dende os 15 anos sufriu unha doenza crónica nos cadrís, unha tuberculose ósea[15] que lle provocou unha dolorosa osteomielite,[8] polo que pasou épocas inmobilizado. O 26 de xuño de 1905 acadou o grao de bacharel como alumno libre do Instituto Eusebio da Guarda, daquela Instituto da Coruña.[8]

Por causa da enfermidade, dende 1902 pasou estancias en París,[16] onde foi operado por dúas veces. Na Universidade da Sorbona escoitou a Henri Bergson e asistiu ás clases de Célestin Bouglé, Émile Durkheim, Ranh, Georges Rodier e Ernest Martinenche.[8] O 13 de xuño de 1911 obtivo o grao de licenciado en Filosofía pola Universidade de Madrid onde tamén fixo o doutoramento.[16]

Foi bolseiro da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, e ampliou estudos en Alemaña, nas universidades de Berlín e Leipzig, asistindo ás clases de Georg Simmel, Alois Riehl, Ernst Cassirer e Wilhelm Wundt, e na Universidade de Gotinga, onde asistiu aos cursos de Edmund Husserl e outros, ata 1914.

No instituto de 2.º Ensino da Coruña, con compañeiros e alumnos. Curso 1920-1921.

Ese verán, ao estalar a Primeira guerra mundial, volve a España. Logo de dar clase na Institución Libre de Enseñanza con Francisco Giner de los Ríos, Luis Simarro e José de Caso y Blanco, en abril de 1917 obtén por oposición a cátedra de psicoloxía do Instituto de Santiago de Compostela e, ese mesmo ano, conséguea tamén no Instituto da Coruña onde a mantivo até a morte, en 1924.[16] O 6 de maio casa coa profesora estremeña e tamén institucionista, de orixe portuguesa, Jacinta Landa Vaz (Badaxoz 1894 - México 1993) e van de viaxe de noivos a Portugal. A fin de ano trasladouse ao Instituto da Coruña, alí ingresou nas Irmandades da Fala, chegando mesmo a ser elixido conselleiro primeiro o 2 de abril de 1922 [17] das Irmandades logo da súa ruptura e a aparición da Irmandade Nazonalista Galega de Risco, e colaborou con A Nosa Terra.

Vicente e Jacinta tiveron tres fillos, que trala Guerra Civil acabaron coa súa nai no exilio en México: Luísa[18] (A Coruña 1918 - México 2014, bióloga), Jacinto (Badaxoz 1921 - México 2014, enxeñeiro) e Carmen[18] (Badaxoz 1923 - México 2010, antropóloga).

Creación literaria[editar | editar a fonte]

Quinta de San Vitorio, onde residiu os derradeiros anos.[19]

Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía como Introducción a la Psicología pedagógica, Elementos de Ética, Lecciones elementales de historia de la Filosofía, Ética y Metafísica, La Psicología contemporánea e traducións de Teócrito, Immanuel Kant ou David Hume. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume Ensayos y Poesías en 1930 (Editorial Nós), reeditado por Galaxia en 1975. Como poeta escribe sempre en galego excepto uns versos titulados "Badajoz" nos que canta á terra da súa muller.

A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 Pol-a reforma da ortografía, considérano algúns o nacemento do reintegracionismo.[14]

"A nosa língua", 20-4-1918.

Listaxe de obras[editar | editar a fonte]

  • Vicente Viqueira. La enseñanza de la psicología en las Universidades alemanas. JAE. 1915.[20]
  • Vicente Viqueira. Un nuevo factor de la memoria de identificación, JAE, Tipografía de Fortanet. 1916.[20]
  • J. V. Viqueira. Introducción a la psicología pedagógica. Francisco Beltrán. 1919.[21]
  • Vicente Viqueira. Tratado de la naturaleza humana, 3 t., tradución do orixinal (en inglés) de Hume. Calpe. 1923.[22]

Póstumas, recompilacións e reedicións[editar | editar a fonte]

Anaco de "Nosos problemas educativos". Conferencia lida na Coruña o 2-3-1918.
  • J. Vicente Viqueira. La psicología contemporánea. Colección Labor. 1930.[23]
  • J. V. Viqueira. Ensayos y poesías, Nós, 1931.[24]
  • Xoán Vicente Viqueira. Escolma de traballos. Publicacións da RAG. 1974[25].
  • Xan Vicente Viqueira. Escolma de prosa e verso. Secretariado de Publicacións da USC. 1974.
  • Xohán Vicente Viqueira. Da Galicia de mañá. Galaxia. 1974.[12]
  • Xohán Vicente Viqueira. Ensaios e poesías. Galaxia. 1974.[9]
Con textos en castelán e galego, incluíndo os seguintes (véxase a listaxe completa en Wikisource):
"Cantar do berce", 1922.
Ensaios:
Xohán Vicente Viqueira: O home
Datos biográficos
"Exaltaciós"
"Ser ou non ser"
"A nosa língua"
"O campo e a cidade"
"Libertade"
"Autonomía"
"Esforzo"
"O que precisa a nosa juventude"
"Miña Galicia"
"Alma"
"Diálogo trascendental"
"Alma e terra"
"Divagaciós engebristas"
"Pensamentos"
"O nazonalismo jurdindo"
"O día de mañán"
"Nacionalismo e socialismo"
"A nosa escola"
"O galego na escola"
"Nosos problemas educativos"
"Pol-a reforma da ortografía"
"Da renascencia lingüística"
"Pol-a reforma ortográfica"
"Duas ideias"
"A nosa facultade de filosofía"
"O noso insino técnico"
"Verbas axeitadas"
"O rexionalismo en Franza"
"Novos poemas de Portugal"
"Disonancia e consonancia"
"Da cultura irmá. Leandro de Coimbra"
"Divagacións lingüísticas"
"En loubor de F. Tettamancy"
"Pensamentos pra unha universidade galega"
Poesías:
"O meu lar"
"Longe"
"Sonetos"
"O meu castelo"
"Malenconía"
"Poemento da vida"
"Cantar do berce"
"Versiós"

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Figuras homenaxeadas. Xoán Vicente Viqueira". Real Academia Galega. 
  2. Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Vigo: Galaxia. pp. 176–177. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Gómez Sánchez, A.; Queixas Zas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. pp. 188, 200, 232–233. ISBN 84-95350-79-3. 
  4. "Viqueira López-Cortón, Xoán Vicente". Diccionario enciclopédico galego universal 59. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 107. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), pp. 620. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
  6. Johán Vicente Viqueira. Biblioteca Virtual Galega Universidade da Coruña.
  7. "Viqueira López-Cortón, Xoán [Johan] Vicente". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. p. 390-391. ISBN 84-7680-288-9. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Viqueira López-Cortón, Xoán Johan". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. pp. 318–319. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Ensaios e poesías con prólogo de García-Sabell (1974). Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-222-C
  10. 10,0 10,1 Rivas García, Manuel et al.: "Viqueira, Xohán Vicente" na Gran Enciclopedia Galega.
  11. "Viqueira, Xohán Vicente". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. 2006. p. 2185. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Xohán Vicente Viqueira. Da Galicia de mañá. Galaxia. 1974. 
  13. Rodríguez, José Luís «Galiza-Portugal (neo-)trovadores e questons lingüísticas conexas» (en portugués) en Aula Ibérica (2008). Universidade de Salamanca.
  14. 14,0 14,1 14,2 Miragaia, Manuel "Johán Vicente Viqueira; recuperarmos a un grande patriota" Arquivado 01 de maio de 2018 en Wayback Machine. Terra e Tempo, 10/4/2010.
  15. 15,0 15,1 Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na universidade de Santiago, 1900-1940: do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado USC.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Veiga do Campo 1969, p. 9.
  17. Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 265. ISBN 978-84-9121-304-8. 
  18. 18,0 18,1 Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9. 
  19. Resolución … por la que se acuerda tener por incoado expediente de declaración de monumento histórico-artístico a favor de la «Quinta de San Victorio»…
  20. 20,0 20,1 Anales de la Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas
  21. Ficha de Introducción a la psicología pedagógica no Proxecto Meiga (Fundación Penzol).
  22. Tratado de la naturaleza humana Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine. imaxe das portadas.
  23. La psicología contemporánea Imaxe da portada.
  24. 24,0 24,1 Iglesias, Xabier: Os libros de Ánxel Casal 12/1/2014.
  25. Vicente Viqueira, X. (1974). González López, E., ed. Escolma de traballos. Real Academia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]