Emilio Tapia Rivas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de agosto de 1862 Mondoñedo |
| Morte | 12 de xuño de 1918 Lugo |
| Causa da morte | morte natural |
| Lugar de sepultura | Mondoñedo |
| 13 de novembro de 1914 – 3 de maio de 1917 ← José Benito Pardo Rodríguez – José Benito Pardo Rodríguez → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, político, avogado, profesor de ensino secundario |
| Membro de | |
| Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Tapia y Rivas (Emilio), p.444) |
Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918,[1] foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid (1883-1885). Foi profesor de Xeografía e Historia en Viveiro. Foi director de El Lucense, El Eco de Galicia, El Diario de Mondoñedo, El Día de Mondoñedo e El Norte de Galicia e fundou El Correo de Lugo na súa última etapa. En 1905 foi académico fundador da Real Academia Galega.[2]
Deputado provincial, foi vicepresidente e dende o 13 de novembro de 1914, presidente da Deputación de Lugo. Continuou no cargo até o 3 de maio de 1917. Foi o líder dos conservadores da provincia de Lugo.
Obras
[editar | editar a fonte]- Cosas íntimas, 1903.
Notas
- ↑ "D. Emilio Tapia Rivas". La Idea Moderna (en castelán). 13 de xuño de 1918. p. 2.
- ↑ "Emilio Tapia Rivas". Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Tapia Rivas, Emilio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
| Predecesor: José Benito Pardo Rodríguez |
Presidente da Deputación de Lugo 1914 - 1917 |
Sucesor: José Benito Pardo Rodríguez |