Javier Fernández Fernández (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJavier Fernández Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Mieres, España Editar o valor em Wikidata
Presidente do Principado de Asturias
26 de maio de 2012 – 20 de xullo de 2019
← Francisco Álvarez-CascosAdrián Barbón →
Q64815232 Traducir
4 de setembro de 2000 – 17 de setembro de 2017
← Luis Martínez NovalAdrián Barbón →
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1996 – 22 de xullo de 1999 – José Alberto Pérez Cueto →

Circunscrición electoral: Asturias (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Oviedo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , funcionario , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webjavierfernandez.es Editar o valor em Wikidata

Javier Fernández, nado en Mieres o 7 de xaneiro de 1948, é un político asturiano pertencente ao PSOE. É secretario xeral da Federación Socialista Asturiana desde o 4 de novembro de 2000 e Presidente do Principado de Asturias desde o 26 de maio de 2012.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade asturiana de Mieres, concretamente, no barrio de Requejo. Provén dunha familia fortemente ligada á esquerda desde a Guerra Civil Española.

Tras o bacharelato, cursa estudos de enxeñaría de minas na escola de Oviedo e posteriormente diplómase en calidade ambiental. En 1978, abre en Xixón, canda outros dous compañeiros de profesión, un despacho de proxectos e estudos de enxeñaría. Máis tarde, en 1984, aproba as oposicións para o Corpo Especial de Enxeñeiros de Minas do Estado e é destinado a Cantabria.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

En 1987 afíliase ao Partido Socialista Obrero Español en Xixón. Tras as eleccións autonómicas de 1991, sendo Presidente do Principado de Asturias Juan Luis Rodríguez-Vigil e conselleiro de Industria, Comercio e Turismo Victor Zapico, Javier Fernández é nomeado Director Rexional de Minas e Enerxía. Coa chegada do Partido Popular á presidencia do Principado en 1995, Javier Fernández volve ao seu posto como inspector de minas, pero por pouco tempo, xa que o PSOE inclúeo nas listas ao Congreso dos Deputados para as eleccións xerais de marzo de 1996 e obtén un escano.

O PSOE gaña as eleccións autonómicas de 1999 e é investido Presidente do Principado Vicente Álvarez Areces que lle confía a Javier Fernández a consellaría de Industria, Comercio e Turismo; deixando este o seu escano no Congreso.

En novembro de 2000, Javier Fernández preséntase á secretaría xeral da Federación Socialista Asturiana no XXVII Congreso Rexional, e consegue a vitoria por unha estreita marxe de votos. A partir dese momento, dimite como conselleiro e volve ao seu posto de funcionario na Dirección Xeral de Minas, compaxinando a acción política co seu posto de traballo.

En xullo de 2003 é designado senador en representación da Comunidade Autónoma, permanecendo na Cámara Alta até abril de 2012.

En 2004 e 2008 revalida o cargo de secretario xeral dos socialistas asturianos. Nas eleccións autonómicas de 2007 ocupa o segundo posto na lista da FSA á Xunta Xeral do Principado, xusto detrás do presidente Vicente Álvarez Areces.

En xullo de 2010, amosa a súa disposición de encabezar a lista da FSA para as eleccións autonómicas de 2011, sendo ratificada a súa candidatura en outubro. O PSOE gana en votos pero consegue un escano menos que Foro Asturias polo que renuncia a presentar candidatura para a presidencia do Principado na Xunta Xeral. É investido presidente Francisco Álvarez-Cascos e Javier Fernández é o líder da oposición.

Non obstante, o escaso apoio co que contaba o goberno de FAC na Xunta Xeral e a incapacidade do seu presidente para alcanzar acordos, provocan un adianto electoral en marzo de 2012. Nesta ocasión, o PSOE gana en votos e en escanos, obtendo 17 dos 45 que compoñen a cámara. Javier Fernández É investido Presidente do Principado de Asturias o 26 de maio de 2012 en primeira volta, tras recibir os votos do seu partido, de Izquierda Unida e de Unión, Progreso y Democracia.

Cargos políticos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Director Rexional de Minas e Enerxía do Principado de Asturias (1991-1995)
  • Deputado por Asturias no Congreso dos Deputados (1996-1999)
  • Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo do Principado de Asturias (1999-2000)
  • Secretario Xeral da FSA-PSOE (desde 2000)
  • Senador designado pola Xunta Xeral do Principado de Asturias (2003-2012)
  • Deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias (desde 2007)
  • Presidente do Consello Territorial do PSOE (desde 2012)
  • Presidente do Principado de Asturias (desde 2012)
Predecesor:
Pedro Sánchez Pérez-Castejón (Secretario xeral)

Presidente da Comisión Xestora do PSOE

2016-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Juan José Tielve Cuervo

Secretario xeral da FSA-PSOE

2000-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
José María Barreda Fontes

Presidente do Consello Territorial do PSOE

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos

Presidente do Principado de Asturias

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Luis Martínez Noval

Conselleiro de Industria do Principado de Asturias

1999-2000
Sucesor:
Jesús Urrutia García

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]