Feliciano Barrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla de Galiza.svg

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012[1], foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Económicas pola Universidade Complutense, foi fundador de empresas como o Hotel Mindanao e o Banco Industrial do Tajo. Destacou como editor do grupo de comunicación El Correo Gallego, do cal se fixo cargo ao obter a maioría accionarial de Editorial Compostela en 1965. Dende aquel traballou no mundo empresarial ligado ao xornalismo. Segundo unha enquisa de El Mundo, atopábase entre as 25 persoas de maior influencia de Galicia.[2]

Nos últimos anos da súa vida residiu en Madrid.

Distincións e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi designado Fillo Predilecto de Ponteareas, onde ten dedicada unha rúa, conta coa Medalla Alfonso X o Sabio, Medalla da Orde de Santo Hermenexildo, Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla de Ouro ao Mérito Empresarial, outorgada polo concello de Santiago de onde é fillo adoptivo e onde tamén ten dedicada unha rúa.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]