José Rodríguez Carracido
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
José Rodríguez Carracido | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de maio de 1856 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 3 de xaneiro de 1928 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | químico, político e catedrático de universidade |
Premios | Gran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Rodríguez Carracido, nado en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1856 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1928, foi un bioquímico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Pioneiro da bioquímica en España, Carracido foi unha persoa interesada por tódalas facetas do coñecemento. Foi catedrático de química orgánica e logo de química biolóxica. Antiatomista en principio, logo houbo de asumir a constitución atómica. Acadou unha grande cultura (tivo asemade a faceta de periodista e literato) e popularidade como científico. Foi elixido senador pola Universidade de Granada en 1910, e de 1914 a 1922. En 1923 foi nomeado senador vitalicio.
Entre 1922 e 1928 foi presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.
Obras (libros e artigos)[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- La Nueva Química (1887).
- La Evolución en la Química (1894).
- El Manganeso en los abonos (artigo, 1900).
- La complejidad farmacológica en la prescripción médica (conferencia, 1903).
- La fermentación alcohólica de la glicerina (artigo, 1904).
- Acción de la quinina y la pilocarpina sobre las oxidasas (artigo, 1905).
- Examen de una supuesta incompatibilidad de los calomelanos (artigo, 1906).
- Farmacodinamia de las modificaciones de la oxidación orgánica (discurso, 1906).
- Análisis Físico-Químico y Biológico de las Aguas de Carslbad (traballo encargado, 1908; antes fixera o correspondente en Mondariz).
- La alimentación nitrogenada (conferencia, 1908).
- Perfeccionamiento de la alimentación albuminoidea (comunicación no Congreso de Hixiene e Alimentación, 1910).
- Proceso químico de la formación del glóbulo rojo (conferencia, 1911).
- Metabolismo de la célula autónoma y de la célula asociada (conferencia, 1915).
- Estado actual de los problemas y métodos de la clínica biológica (conferencia, 1915).
- Síntesis bioquímica (artigo, 1917).
- Filogenia de la molécula albuminodea (conferencia, 1920).
- Estudio farmacológico de la Salicaria (comunicación, 1921).
- El reactivo bioquímico («Mi Testamento profesional») (discurso de entrada na Real Academina de Medicina, 1921).
- El trabajo del riñón y las glucosurias (artigo, 1922).
- Anoxihemias por intoxicación (conferencia, 1923).
- La ureogénesis (conferencia, 1924).
- El fósforo en la vida (conferencia, 1926).
- La formación de la materia viva (conferencia, 1926).
Moitos dos seus traballos foron ademais publicados noutras linguas. Á parte, prologou diversas obras científicas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Díaz-Fierros, F.; Fraga, X. A.; Mato, A., eds. (2018). Álbum da ciencia: 30 nomes e as súas achegas. Santiago de Compostela: CCG. pp. 94–97. ISBN 978-84-92923-94-6.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Moreno González, Antonio. Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia (en castelán).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Rodríguez Carracido ![]() |
- José Rodríguez Carracido, tese doutoral de Angustias Sánchez-Moscoso (1968) (en castelán).
- Ficha no Senado