Dieter Kremer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1942 (82 anos) Waldbröl, Alemaña |
Educación | Universidade de Colonia |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística e Filoloxía románica |
Ocupación | lingüista, romanista, profesor universitario, editor literario |
Empregador | Trier University (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Dieter Kremer, nado en Waldbröl o 26 de novembro de 1942, é un romanista e lingüista alemán, membro correspondente da Real Academia Galega dende 2002.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kremer recibiu o doutoramento en 1967 na Universidade de Colonia coa disertación Die germanischen Personennamen in Katalonien. Namensammlung und Etymologisches (Barcelona 1967-1972). Entre 1976 e 2008 foi profesor de lingüística románica na Universidade de Tréveris. Centrou a súa investigación, continuando o traballo do seu mentor Joseph M. Piel, na onomástica nas linguas románicas, para o que, en 1987, principiou o proxecto de investigación do Dictionnaire historique de l'anthroponymie roman (PatRom) que comezou a se publicar en 2004.
Kremer, editou numerosas actas de congresos e volumes colectivos, en especial os 7 volumes do XVIII Congreso Internacional de Romanística celebrado en Tréveris en 1986. Vencellado coa cultura galega é presidente da Deutsch-Galicische Gesellschaft[2] e fundador do Galicien-Zentrum (Centro de Documentación de Galicia) na Universidade de Tréveris.
Obra
[editar | editar a fonte]- (con Joseph M. Piel) Hispano-gotisches Namenbuch. Der Niederschlag des Westgotischen in den alten und heutigen Personen- und Ortsnamen der Iberischen Halbinsel. Heidelberg 1976.
- (con Naidea Nunes Nunes) Antroponímia primitiva da Madeira e Repertório histórico da Madeira. Séculos XV e XVI. Tübingen 1999.
- Wörter und Namen. Vermischte Beiträge zur historischen romanischen, insbesondere portugiesischen Lexikographie und Kulturgeschichte. 2 Bde., Berlin/Boston 2018 (pendente de saír do prelo).
- (obra colectiva) Dictionnaire historique de l’anthroponymie romane (PatRom). Niemeyer, Tübingen, dann De Gruyter, Berlín/Nova York/Boston 2004 ff. (inconclusa)
- I/1: Introductions. Cahier des normes rédactionnelles. Morphologie. Bibliographie. 2007
- I/2: Bibliographie des sources historiques. 2010
- II/1: L’homme et les parties du corps humain (première série). 2004
- III/1: Les animaux. Première partie. Les mammifères. 2015
Traballos sobre o galego
[editar | editar a fonte]- "Proyectos para un Onomástico gallego" en Verba: Anuario galego de filoloxia, n.º 6, 1979, pp. 313–339.
- "O Onomástico de Fr. Martín Sarmiento e a onomástica galega" en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995), Consello da Cultura Galega-Universidade de Santiago de Compostela, 1997
- Editor de Homenaxe a Ramón Lorenzo. Galaxia, 1998, 2 vol.
- "Onomástica medieval del noroeste hispánico: Unas consideraciones" en Scripta: estudios en homenaje a Elida García García, 1998, pp. 261–296.
- "Un século de estudios galegos, Galicia fóra de Galicia" en Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos: Universidade da Habana. Cátedra de Cultura Galega, 2000. Ed. coord. por Dieter Kremer. Centro de Documentación de Galicia da Universidade de Tréveris, 2000.
- Editor de Onomástica galega: con especial consideración da situación prerromana Verba. Anexo 58, 2007 e Onomástica galega II: onimia e onomástica prerromana e a situación lingüística do noroeste peninsular. Verba. Anexo 64, 2009
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros da RAG
- ↑ Dieter Kremer na Universidade de Leipzig