Camilo Díaz Baliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camilo Díaz Baliño
Camilo Díaz Baliño co fillo, Isaac, en 1925.
Nome Camilo Buenaventura Díaz Baliño
Nacemento 14 de xullo de 1889
Lugar Ferrol
Falecemento 14 de agosto de 1936 47 anos
Lugar Palas de Rei
Cónxuxe(s) Antonia Pardo Méndez
Fillos Isaac e Mercedes

Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, escenógrafo e artista gráfico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Germán Díaz Teijeiro, veciño de Ortigueira, e Camila Baliño López. En 1905 trasladouse a Madrid pensionado pola Deputación da Coruña, pero como non chegou a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 volveu a Madrid, contratado polo ministerio de Graza e Xustiza, e estudou escenografía. En 1916 iniciou a súa relación profesional con Isaac Fraga e en 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou a Madrid entre 1922 e 1924. En 1925 ingresou como delineante interino no concello de Santiago e despois obtivo o posto en propiedade.

Foi membro das Irmandades da Fala e militante do Partido Galeguista. Autor de relatos publicados na prensa galega da época, sobre todo n'A Nosa Terra, cun forte estilo patriótico. Deseñou a capa das obras publicadas na colección Lar.

Detido ao comezo da guerra civil española, estivo na prisión de Santiago de Compostela ata que foi asasinado en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936. O seu cadáver apareceu á beira da estrada en Saa, na parroquia de Meixide.

Pertenceu á masonería, que curiosamente foi perseguida polo seu propio irmán Gonzalo, membro da Milicia dos Cabaleiros da Coruña e da Brigada de Investigación e Vixianza[1]. Foi irmán dos tamén artistas Indalecio, María Dolores e Ramiro Díaz Baliño, e pai de Isaac Díaz Pardo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Conto de guerra, 1928 (narrativa).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Camilo Díaz Baliño, retrato en Vida Gallega, 1930. 
Portada dunha edición de Almas mortas
Cartel a prol do Estatuto de Galicia de 1936
Torre de Hércules. 
Retrato de Marcelino Pasin feito cando estivo no cárcere de Santiago. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mera Costas, Pilar (2014). Perseguidos en el limbo. La primera represión de la masonería gallega (1936-1939) (en español). Historia Actual Online. pp. 93–105. ISSN 1696-2060. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]